Skip to Content

 

Novas e avisos.

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

A piques estamos xa de comezar o novo curso escolar, que esperamos supoña xa á volta a normalidade despois de dous anos de restricións e protocolos.

Para favorecer unha boa organización no primeiro día, o xoves 8 de setembro, as entradas realizaranse de xeito gradual:

9:15 h: 6ºEP e 5ºEP

9:30 h : 4ºEP e 3ºEP

9:45 h : 2ºEP e 1ºEP

10:00 h : 5ºEI e 6ºEI

* o alumnado de 4ºEI (3 anos) seguirá o horario marcado no seu periodo de adaptación.

Non será preciso que neste día traian todo o material escolar, sendo suficiente un estoxo co material básico e a merenda. Xa se lles informará do momento e forma no que se traerán os libros e o material restante.

Feliz curso 2022-23 e ata o xoves.

Un saúdo.

O equipo directivo

AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E USO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E USO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

 

SOLICITUDES ADMISIÓN CURSO 22-23

Rematado xa o proceso ordinario de admisión, comunicamos ás familias que TODAS as solicitudes presentadas neste prazo FORON ADMITIDAS no noso centro.

Asi como nos sexa posible xerar as listaxes provisionais volo comunicaremos e serán publicadas UNICAMENTE no taboleiro interior do centro, atendendo á lei de protección de datos. Tamén poderedes consultalas a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

O prazo para a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA, será do 20 ao 30 de xuño, para o cal tedes toda a documentación precisa na nosa web.

Para calquera outra aclaración ou dúbida podedes contactar co centro vía telefónica ou por correo electrónico.

Recollida material Ukraine

 

Os Centros Educativos de Mos, serán puntos de recollida de Doazóns, de materiais de primeira necesidade para UKRAINE.

 

Podedes achegar ao centro as vosas doazóns ata o día 14 de marzo.

Achegamos circular do Concello co material que podedes doar.

ENTROIDO 2022

 Estimadas familias:

 Este curso, imos festexar o Entroido dun xeito diferente debido a situación de crise sanitaria actual, cumprindo co protocolo educativo de prevención da COVID19.

Durante a semana do 21 ó 25 de Febreiro levaremos a cabo diferentes actividades.

 O venres 25 faremos un desfile de disfraces só para o alumnado do colexio, mantendo en todo momento os grupos burbullas. A temática escollida para a realización dos disfraces por aula é “A volta ó mundo”.

 O luns 21 de Febreiro anunciaremos a penitencia a cumprir ó longo da semana nas aulas e na páxina web.

 A semana seguinte á celebración da festa colgaremos na web as fotos dos grupos disfrazados, a charla sobre o Entroido do Rosal elaborado pola alumnado de 6ºde E.P, o programa de radio elaborado polo alumnado de 6º e demáis actividades realizadas en relación ó mesmo.

 Grazas pola vosa colaboración.

CONSELLO ESCOLAR

Tras a celebración das eleccións para a renovación do Consello Escolar as candidaturas elexidas no sector de familias son as seguintes:

Titulares:

  • Montserrat Davila Ventura.
  • Cecilia Pereira Represas.

 

Suplente.

  • Belén Vidal Cuiñas.

 

GRAZAS A TODOS E A TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN. 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS "MOS AXUDA"

Un ano máis pretendemos colaborar co proxecto "Mos Axuda"  a través da campaña de recollida de alimentos.

Esta campaña ten como obxectivo sensibilizarnos coas  familias máis necesitadas do noso municipio,  por iso necesitamos da colaboración de toda a comunidade educativa, achegando alimentos , dende o día 23 de novembro ata o 17 de decembro ó colexio (virán a recollelos o día 20).

Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut