Skip to Content

 

Novas e avisos.

PRIMEIRO DÍA

O día 11 de setembro, primeiro día de clase, o alumnado so debe traer unha mochila, merenda e un estoxo con material basico (alumnado de EP). O alumnado de EI so ten que traer mochila e merenda. 

Os libros e o material deberán ir traéndoos ao longo de toda a primeira semana, e deben vir marcados co nome  de cada alumno ou alumna. 

Atentamente, a dirección. 

INICIO 2023-24

Estimadas familias:

Benvidos e benvidas a un novo curso escolar. 

Para favorecer unha boa organización no primeiro día, o luns 11 de setembro, as entradas realizaranse de xeito gradual:

 

9:15 h 6º,  5ºA, 5ºB , 4º 
9:30 h    3ºA ,  3ºB , 2º , 1º
9:45 h  5º EI, 6ºA EI, 6ºB EI

 

* o alumnado de 4ºEI (3 anos) seguirá o horario marcado no seu periodo de adaptación.

 

AVISO IMPORTANTE : Todo o alumnado que desexe facer uso do transporte escolar no curso 2023-24 deberá cumprimentar o formulario que aparece nesta mesma páxina web.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestrevalverde/node/1165

  

Para calquera dúbida podedes contactar co centro de xeito teléfonico (886110356/58) ou a través do correo electrónico  (ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal).

 

Feliz curso 2023-24 e ata o luns.

 

Un saúdo.

O equipo directivo

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

 

Co motivo do día das Letras Galegas e seguindo a tradición do colexio, o martes dia 16 de maio, ás 17:00 horas, realizaremos un festival con actuacións do alumnado dirixido as tódalas familias do centro.

Este ano, e para evitar os problemas de espazo sufridos en ocasións pasadas, o festival será realizado na discoteca QUEEN, que de xeito desinteresado nos prestará as súas instalacións.

 

  • O alumnado deberá estar no centro o día 16 de maio ás 16:15 horas. Será o profesorado do centro quen se encargue de acompañar a tódolos nenos e tódalas nenas ata QUEEN.

  • Non é preciso que recollades aos usuarios do comedor ese día. O persoal do centro farase cargo deles ás 16:15 horas (hora de finalización do servizo do comedor). Non haberá actividades extraescolares no centro.

  • Durante a realización do festival e ata o seu remate o alumnado permanecerá co seu grupo de clase xunto co profesorado na zona habilitada para tal fin, ata a finalización do mesmo.

  • As familias poderedes acceder a QUEEN minutos antes das 17:00 horas, momento no que comenzaran as actuacións.

  • Na páxina web do centro publicaranse vídeos e fotografías do festival (contamos coa autorización de tódalas familias do centro). Recordamos que as imaxes e gravacións captadas polos proxenitores son para uso persoal e será responsabilidade da persoa que obtivo as imaxes a súa correcta utilización.

  • IMPORTANTE: O alumnado será entregado ao remate do festival na porta principal da discoteca polo profesorado do centro aos pais/nais ou persoas autorizadas, do mesmo xeito que se fai no centro ao remate das clases.

  • Nos proximos días, en horario lectivo, o alumnado acompañado do profesorado achegarase ata Queen para realizar diversos ensaios.

 

 

A realización deste festival é a suma dos esforzos e ilusións tanto do alumnado como do profesorado , polo que esperamos contar coa presenza de tódalas as familias.

 

  

Esperámosvos a todos e todas o día 16 de maio ás 17:00 horas.

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Recordamos que o día 3 de maio ás 18:00 horas terá lugar a 2º charla da Escola de nais e pais no noso centro.

Esperámosvos a todos e a todas. 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

 

AVISO IMPORTANTE

 

CAMBIO DE DATA DA CHARLA DE ESCOLA DE NAIS E PAIS 

 

Por motivos alleos ao centro a charla da " Escola de nais e pais" prevista para mañá día 19 de abril, queda posposta para o mércores 3 de maio ás 18:00 horas. 

Sentimos as molestias. 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

O vindeiro 19 de abril ás 18:00 horas terá lugar a 2º charla da Escola de nais e pais no noso centro.

Esperámosvos a todos e a todas. 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut