Skip to Content

 

VISITA ESPECIAL NA NOSA RADIO

O mércores 8 de febreiro quedará sempre para o recordo da nosa Radia, unhas fantásticas mulleres aceptaron compartir os micros con todos e todas nós. Elas chámanse Ángeles, Pili e Cris...que non vos dín nada estes nomes???Pois a partir de agora seguro que non as ides esquecer.

Ángeles, educadora no Centro Ocupacional Escravas da Virxe Dolorosa, de Mos, contounos moitas cousiñas que non sabiamos deste Centro, do seu funcionamento, do seu día a día, de todos os obradoiros que desenvolven....sabiades que hai un de Lufas?? Pois nós aprendemos neste día en que consiste, e esperamos poder visitalas prontiño para velo en vivo e en directo.

Pero ela non viu soa, acompañárona Pili e Cris, dúas mulleres que gozaron enormemente de estar no noso cole, que aínda que un pouco nerviosas, están decididas a volver para que así as súas voces sigan a escoitarse, que o mundo enteiro se entere que, ELAS VALEN MOITO e poden facer moito máis do que, ás veces, a sociedade lles permite.

As portas do noso cole e os micros da nosa radio estarán sempre abertos para elas. Prometeron volver, asi que, aquí estaremos para contárvolo.

Na nosa sección "EntrevistaMos" atoparedes a entrevista.

Premede na imaxe.



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut