Skip to Content

 

Novas de radio

VISITA ESPECIAL NA NOSA RADIO

O mércores 8 de febreiro quedará sempre para o recordo da nosa Radia, unhas fantásticas mulleres aceptaron compartir os micros con todos e todas nós. Elas chámanse Ángeles, Pili e Cris...que non vos dín nada estes nomes???Pois a partir de agora seguro que non as ides esquecer.

Ángeles, educadora no Centro Ocupacional Escravas da Virxe Dolorosa, de Mos, contounos moitas cousiñas que non sabiamos deste Centro, do seu funcionamento, do seu día a día, de todos os obradoiros que desenvolven....sabiades que hai un de Lufas?? Pois nós aprendemos neste día en que consiste, e esperamos poder visitalas prontiño para velo en vivo e en directo.

Pero ela non viu soa, acompañárona Pili e Cris, dúas mulleres que gozaron enormemente de estar no noso cole, que aínda que un pouco nerviosas, están decididas a volver para que así as súas voces sigan a escoitarse, que o mundo enteiro se entere que, ELAS VALEN MOITO e poden facer moito máis do que, ás veces, a sociedade lles permite.

As portas do noso cole e os micros da nosa radio estarán sempre abertos para elas. Prometeron volver, asi que, aquí estaremos para contárvolo.

Na nosa sección "EntrevistaMos" atoparedes a entrevista.

Premede na imaxe.

PROGRAMA DE RADIO PROXECTO "RADIOEMOCIÓNATE"

Aqui vos deixamos o podcast realizado no centro polo alumnado de 6ºEP en colaboración coa emisora "SI RADIO" , dentro do programa educativo "RADIOEMOCIÓNATE".

Aqui poderes escoitar a colaboración das familias contando as súas vivencias e lembranzas en relación con aquela primeira radio da súa infancia.

Premede na imaxe e non perdades detalle.

 

RADIOEMOCIÓNATE

A emisora Si Radio de Galicia e a Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia grabou no noso centro a primeira emision dos programas do Proxecto Radioemociónate no que participarán centros de toda Galicia.
Neste programa estiveron presentes o alumnado de 6º de Educación Primaria, o historiador mosense Javier Baquero, o ciclista Óscar Pereiro, a concelleira de Educación Julia Loureiro e profesorado do centro.
Nos próximos días publicaremos o enlace para que todos poidades escoitar o programa.
 
 
 
 
 
 
 

GAÑADORA SORTEO DEDICATORIAS MES DE MAIO

A piques de chegar ao final deste curso, temos o gusto de presentarvos á que é, a penúltima gañadora do sorteo de dedicatorias, xa que, nuns días celebraremos o que será xa, o último e definitivo....

Aquí a temos! Cunha faciana que transmite a ledicia de gañar por primeira vez un concurso!

Ela é...........................

ELIA ROMERO RODRÍGUEZ (3ºA)

PARABÉNS COMPAÑEIRA!

GAÑADOR SORTEO DEDICATORIAS-ABRIL

Ola a todos e todas!

Xa nos imos achegando aos últimos sorteos de dedicatorias pero...aínda quedan un par de oportunidades para aqueles ou aquelas que desexades que a vosa dedicatoria sexa a elexida.

No sorteo do mes de abril o afortunado foi:

RUBÉN GÓMEZ DURÁN (3ºA)

PARABÉNS COMPAÑEIRO!

 

VISITA Á RADIO DE ANTIGAS ALUMNAS

Este luns 25 de abril, tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial na nosa Radio Escolar. Tres antigas alumnas visitaron ao alumnado de 6º de EP  e non quisemos perder a oportunidade de preguntarlles algunhas inquedanzas antes de que volveran novamente ao Instituto.

Foi un tempo moi agradable na vosa compaña! Grazas, Laura M. Laura A. e Alba pola vosa boa disposición e naturalidade ....como se notan ese anos diante dos micros!! 

Unha fortísima aperta para as tres.

Premede na imaxe para escoitar a entrevista que lle realizaron Alba e Nair de 6º.

 

GAÑADOR SORTEO DEDICATORIAS-MARZO

E xa estamos en abril! Ai que ver como voan os meses, e isto quere dicir que xa temos novo gañador do sorteo de dedicatorias. Entre todas as chegadas a nosa radio ao longo do mes de marzo, nesta ocasión, a nosa man inocente, Germán de 5º, deulle sorte a un compañeiro que ben merecido o ten, por tantas peticións musicais que leva feito ao longo deste curso.

Demos a noraboa a....

HÉCTOR GARCÍA PINO (4º)

GAÑADOR DO SORTEO CONCURSO- MASCOTA RADIO

O venres durante o recreo, realizamos na nosa radio un sorteo entre todas as papeletas das votacións realizas na procura dun nome para a nosa mascota.

A nosa man inocente, Maia Pérez decidiu que o gañador fose....

ELIAN ESTÉVEZ RODRÍGUEZ (1ºB)

Soni fíxolle entrega do seu agasallo.

 

PARABÉNS ELIAN

GAÑADORA DO SORTEO DEDICATORIAS MES DE FEBREIRO

Presentamos á gañadora do último sorteo de dedicatorias da nosa radio escolar!

Nesta ocasión, damos os nosos parabéns a...........

AINARA RIVAS LAGO (6ºEP)

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut