Skip to Content

 

GALE E GALA VAN CORRER O ENTROIDO

O Entroido, é unha das nosas festas tradicionais máis populares. No Entroido, case todo está permitido, as normas reláxanse e fanse críticas humorísticas sobre algunhas situacións que se están a dar na sociedade. Aínda que esta festa estivo prohibida na Ditadura, xa que non interesaban as críticas, as aldeas de Galicia foron quen de mantela viva.

O Entroido en Galicia, aínda que cunha base común de crítica, comida, música e troula; tamén presenta variedade de personaxes, costumes, etc, tendo en conta as diferentes zonas da nosa xeografía.

No centro, cada curso traballamos un Entroido diferente de Galicia, e nesta ocasión imos achegarnos ao Entroido da Comarca do Ulla.

Gale, Gala e parte do seu equipo, van contarnos algo sobre estes días de Entroido no cole.

Premer na imaxe para ver o vídeo.

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut