Skip to Content

 

Vídeos (Normalización)

GALE E GALA COAS LETRAS GALEGAS

Gale e Gala presentan as tres actividades centrais do terceiro trimestre en relación coa dinamización do  Galego: Xogos Florais, Letras Galegas e Revista Xeada. O alumnado de sexto, aproveita esta ocasión, para despedirse dos compañeiros e compañeiras do colexio.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, felicita aos nenos e ás nenas de Sexto de Primaria polo seu labor no equipo de Gale e Gala, do que todo o grupo formou parte. Bo traballo!!

Premer na imaxe para ver a información tan interesante que nos trae este grupiño.

 

A VIDA EN VERSO - ROSALÍA E POESÍA

 

 Con motivo do Día de Rosalía, o 23 de febreiro e do Día da Poesía, o 21 de marzo, no colexio realizamos diversas actividades relacionadas cos versos ao longo destes dous meses. 

 Rosalía e poesía van sempre da man.

Premer na imaxe para poder ver un resumo das actividades realizadas.

 

OS CHOQUEIROS DE A CORUÑA

 

  O alumnado de Sexto realizou unha presentación para todo o alumnado de Primaria, sobre Os Choqueiros de A Coruña, do barrio de Monte Alto. Ao remate da presentación, leron uns Apropósitos, unhas coplas satíricas adaptadas á nosa realidade do colexio.

Premer na imaxe para ver esta presentación.

 

GALE E GALA LEN O PREGÓN NAS AULAS

Gale e Gala visitan as aulas para ler o pregón de Entroido. Presentan o Entroido e informan sobre as comandas do meco para os días previos á Festa que celebraremos o venres día 9.

Premer na imaxe para ver o vídeo.

 

CANTAMOS PANXOLIÑAS

O último día de clase deste ano, para despedirnos de compañeiros e compañeiras e desexar un Bo Nadal, cantamos "panxoliñas", ao noso xeito. Foi a primeira actividade desa xornada, unha maneira divertida de ir quentando motores para o que nos agardaba despois: Visita dos Reis Magos e Badaladas.

Os nenos e as nenas, foron quen de facer súas as cancións, desfrutar cantando e bailando e dar un toque moi persoal a todas elas, como dirían os famosos "couches da tele". 

Aproveitamos estes cantos de Nadal para despedir este ano e desexar a todos e todas un 

FELIZ ANO 2024 !! 

 

* Premer na imaxe para ver parte das nosas cantigas de Nadal.

 

FELICITACIÓN DE NADAL PARA AS FAMILIAS

Alí onde hai nenos e nenas, sempre hai maxia e ilusión. Nós queremos felicitar ás familias con este pequeno vídeo, para que os sorrisos que aparecen nos contaxie a todos e a todas.

Agradecemos ás familias, os adornos de Nadal tan orixinais, feitos na casa con material de refugallo, cos que contribuíron á decoración do colexio.

Agradecemos á ANPA a súa colaboración nesta ocasión tan especial; poñéndose en contacto coas Súas Maxestades, Os Reis Magos e paxes; facendo posible que un Nadal máis se achegaran ata o noso centro. Grazas a todos eles e a todas elas, a maxia segue presente.

* Premer na imaxe para ver o vídeo 

Feliz Nadal a todos e a todas!!


GALA E GALE ANUNCIAN O NADAL

Gale e Gala, anuncian a última festa deste ano no colexio e desexan unas Felices Festas de Nadal a todos e a todas.

Premer na imaxe para ver o vídeo.

 

CABACIÑA, A PEQUENA CABAZA

Con motivo do Samaín, festa na que a cabaza é a protagonista, nas clases levouse a cabo unha actividade de expresión creativa. Había que continuar e rematar o conto de Cabaciña.

Cabaciña era unha cabaza moi pequeniña, tan pequena, que na colleita ninguén se decatou que estaba na horta. O día da festa de Samaín estaba preocupada porque non tiña con quen ir, ata que de súpeto...

Dentro de pouco, subirase un programa de radio onde se poderán escoitar os diferentes finais dos contos, pero de momento, premer na imaxe para ver a cada grupo de clase co traballo que realizou.

 

GALE E GALA VAN DE MAGOSTO

Gale e Gala convídannos un ano máis a desfrutar dunha mañá de Magosto no colexio. Como vén sendo costume, haberá castañas asadas e chocolate quente grazas á colaboración da ANPA. Os diferentes equipos do centro, prepararemos un abano de actividades que se levarán a cabo en relación con esta festa festa tradicional. Pero mellor que no lo conte Gale, Gala e parte do seu equipo; así que premede na imaxe para velo.

 

GALE E GALA VISITAN AS AULAS

Gale, Gala e parte do seu equipo, visitan as aulas para levar diferente material:

- O debuxo dos patios, ilustrado coa imaxe do animal que dá nome a cada un deles.

- Debuxos de Gale e Gala para colorear

- Debuxos e rimas de Golfi, o noso golfiño amigo do Galego.

- Onda e  táboa, onde se irán pegando os golfiños, para facer un seguimento do progreso no Galego. 

- Adhesivos de golfiños de cores.

* Rematan a visita anunciando a primeira festa do curso, O Samaín.

Premer na imaxe para ver o que contaron Gale e Gala nas aulas.

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut