Skip to Content

 

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

Hoxe veu a aula Paloma, a nai de Anxo, a facer un obradoiro de papiroflexia, fixemos barcos de papel de diferentes tamaños e con diferentes papeis. A papiroflexia emprégase en matemáticas, xa que implica o uso de medidas e proporcións, tamén moitas das figuras creadas en papiroflexia son formas xeométricas. Axuda a desenvolver a motricidade fina e a coordinación man-ollo, o que pode ser beneficioso para mellorar a escritura e outras habilidades manuais, no día a día temos
moitísimas ocasións de reforzar as aprendizaxes básica que sustentarán os futuros aprendizaxes do alumnado. Aproveitémolas!
Que ben o pasamos e que bonitos barcos nos quedaron, grazas Paloma.

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut