Skip to Content

 

3 DE DECEMBRO - DÍA DA DISCAPACIDADE

O alumnado de 3º, xunto co alumnado de 4º, visitou o Centro das Escravas da Virxe Dolorosa, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Compartimos un tempo coas mulleres usuarias do centro e puidemos coñecer un pouco como é o seu día a día.

O personal que traballa no centro, fai todo o que está nas súas mans para lograr o benestar de todas elas. Visitamos parte das instalacións e levamos a cabo unha actividade na que as propias usuarias exerceron de monitoras. 

Puidemos comprobar que son felices no centro, o cal vén sendo a súa casa, onde forman unha gran familia . Conseguiron que nos sentiramos moi a gusto, así que seguro que volvemos noutra ocasión :)

A continuación, unhas fotos onde recollemos algúns momentos pasados no Centro EVD.

 

 

 

 

 

 

                  E para rematar a visita . . . unhas canastras

           

                  E xa no cole, coa esponxa de lufa e o bote con semente de recordo 

                                                



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut