Skip to Content

 

CONTACONTOS MUSICADO

O pasado venres, o alumnado de Primeiro e de Terceiro, participamos nunha actividade de lectura, da man do grupo Migallas Teatro. Puidemos ampliar vocabulario, aprender valores, traballar a imaxinación e sobre todo desfrutar.

A lectura estaba acompañada de música, o que fixo que a actividade resultara aínda máis divertida.

Compartimos aquí algúns deses momentos tan marabillosos vividos es mañá.

 

 

 

 

 

CREANDO LECTURA

Con motivo do DÍA DO LIBRO, o Equipo da Biblioteca do colexio propuxo, entre outras, unha bonita actividade colaborativa familia-escola. Así, durante o mes de abril, as aulas abriron as súas portas a todas aquelas familias que puideron achegarse a compartir con nós lectura,  e polo tanto aprendizaxes, emocións, aventuras...

Moitas grazas familias por compartir connosco o tempo de ler e  facernos desfrutar dese gran pracer!!

 

A QUEN NON LLE GUSTA UN BROWNIE!!

Os grandes chefs de 3º B puxéronse de novo mans á obra!! Nesta ocasión decidíronse por un doce con recendo e intenso sabor  a chocolate. UMMMM!!!

Adiviñades de que se trata? Descubrídeo premendo na imaxe.

MAMMA MÍA!! COMO ESTÁ A PIZZA!!

Xa vos tardaba saber no que andaban os minichefs de 3º B!! Non si??

Pois xa están aquí!!

Tomate, mozarella, ourego... Ingredientes principais dunha receita de orixe italiana, pero convertida en universal: A PIZZA!!

Mercaron o necesario no comercio de proximidade e puxéronse mans á obra. O resultado foi espectacular!

MAMMA MÍA!! COMO ESTABA A PIZZA!!

 

 

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O día 22 de marzo, celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo, desprazámonos ata o pavillón Oscar Pereiro para participar nunha actividade ofertada polo Concello: Augas do Louro. Unha monitora falounos da importancia da auga para a nosa vida, un recurso natural que polo tanto, debemos coidar e protexer. Tamén nos comentou a importancia do Consorcio de Augas do Louro e da planta potabilizadora da zona, ubicada no concello de Tui.  

Deixamos aquí unha pequena mostra da charla e actividades en relación coa auga.

 

ACTIVIDADES LÚDICAS

REFLEXIÓN E DESPEDIDA  

3º IMOS AO TEATRO

O pasado xoves, 29 de febreiro, o alumnado de 3º  achegouse ao Teatro Afundación para  desfrutar dunha preciosa peza teatral: "Hugo".

Gañadora do Premio María Casares ao mellor espectáculo para o público infantil e familiar,  Hugo,  conta a historia dun neno que é diferente. 

A obra aborda o tema do trastorno do espectro autista cunha gran sensibilidade e empatía, falando de diversidade, tolerancia, convivencia e da beleza de ser diferentes.

Que sorte poder desfrutar desta grande experiencia!!

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITAMOS O SÚPER

O alumnado de 3º participou nunha actividade ofertada polo Concello en colaboración con Supermercados Eroski. Despois dunha pequena charla no colexio, visitamos o supermercado, onde realizamos diferentes actividades didácticas e lúdicas.

Á RICA EMPANADA!!

Benvid@s a MINICHEF 3º B!!

Aquí chega a primeira entrega deste programa, que ben seguro  se converterá en trending topic.

13 participantes e un único reto: mercar en pequenos grupos o necesario no comercio de proximidade, para logo desfrutar coma toliñ@s realizando unha receita... rica, rica , rica!!

Premede na imaxe e descubrideo! 


 

PASTELEIROS E PASTELEIRAS DE 3ºA

A aula de 3ºA converteuse nun obradoiro de pastelería para dar renda solta á súa marabillosa creatividade. É unha mágoa que os ingradientes non fosen comestibles, xa que o resultado foi do máis apetitoso.

Premer na imaxe para ver a elaboración dos "cap cakes" tan orixinais que crearon.

 

TEMPO DE NADAL EN 3ºA

O alumnado de 3ºA participou en diferentes actividades relacionadas co Nadal. Pero como as imaxes sempre nos contan máis que as palabras, o mellor vai ser premer na imaxe para poder achegarse a eses momentos tan divertidos e máxicos que pasamos.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut