Skip to Content

 

23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA

No colexio, celebramos o Día de Rosalía cunha actividade colaborativa. En todas as aulas se traballou sobre o poema 16 de Cantares Gallegos: "O Moucho" . O poema fala do medo que se pode sentir na noite das aldeas galegas, un medo alimentado por historias de mouchos, cans que oubean, etc.

Escollemos catro versos introdutorios e centrámonos no retrouso, que foi musicado por varios grupos. A forma de musicalo, fai que o moucho se nos presente como un animaliño simpático para os nenos e as nenas.

Na clase traballáronse os versos, coloreando e debuxando mouchos. Na clase de Música, a mestra traballou con todo o alumnado este retrouso convertido en cantiga, onde o ritmo vai acelerando, e con el, os sorrisos. No vídeo deixamos un exemplo do alumnado de 5º de Primaria, gravado na aula.

Para ver diferentes momentos de como se foi desenvolvendo a actividade e o resultado da mesma, premer na imaxe.

 

 

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut