2º de primaria

A HORTA DO SINDE

O alumnado de 2º de primaria traballou na Horta do Sinde, sementamos leitugas,cebolas e tomates, logo preparamos a nosa leira e plantamos as leitugas,as cebolas e os tomates.

Xa recollemos as leitugas e fixemos unha saborosa ensalada.

Os tomates aínda non sairon e as cebolas non se deron nada ben. a ver se sae algo.

Tamén plantamos xeranios e claveis en rodas que decoran o patio do sol.

Aquí vos deixo un video para que vexades o bonito traballo que fixemos.

Robótica

Na hora de Matemáticas fixemos un achegamento á Robótica coa inestimable colaboración da profe Lucía. Ademais de cálculo traballamos a orientación espacial, a lateralidade e os desprazamentos.

 robótica2  

La cintura

 

 

O alumnado de sexto inventou unhas coreografías para a canción La cintura de Álvaro Soler. Logo ensinóunolas a todo o cole, gravámolas e quedaron asi de chulas:

 

Aviso: Temos pequenos atrancos co formato que estamos tratando de subsanar. Desculpade as molestias.

 

LA CINTURA

 

 

O alumnado de 6º inventou unha coreografía e ensinóunala a todo o cole. Despois gravámola e quedou así de chula:

 

FALA O SINDE 19

 

  

Como cada ano por estas datas, xa está aquí o "Fala o Sinde"

 portada

(Fai click na imaxe para ler a revista)

O ENTROIDO DE 2º DE PRIMARIA.

O alumndo de 2º gozou do Entroido, obedecendo as ordes do Meco , traballando no pintado das caixas, no pegado de papeis, conseguindo transformar unha caixa de cartón nunha  bonita caixa de agasallo.

Moito colorido e moita ilusión visten o  entroido de 2º.

Moi bo traballo!

Aquí vos deixo un pequeno video que recolle o traballo feito.

 

 

As mascotas de 2º

Dentro do proxecto Terra Vita, o alumnado de 2º traballou o coidado das mascotas coa axuda das familias. No blog AprendendoSINDEscanso tedes un vídeo resumo da actividade:

Ligazón á bitácora

O carillón de Dunkerque

O alumnado de 2º e eu fixemos unha aposta: se facían ben o baile eu tiña que poñer o vídeo na páxina web. Adiviñades quen perdeu a aposta? ;D

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet