O alumnado de 1º de Primaria fixo unha danza coa música da Bourrée da Música acuática de Haendel.
O alumnado de 1º de Primaria fixo unha danza coa música da Bourrée da Música acuática de Haendel.
IMOS A FACER UN BLOGUE NO QUE RECOLLER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE IMOS FACENDO AO LONGO DO CURSO.
COMEZAMOS CUN BAILE DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.
O alumnado de 2º e eu fixemos unha aposta: se facían ben o baile eu tiña que poñer o vídeo na páxina web. Adiviñades quen perdeu a aposta? ;D
Para celebrar a visita do profesorado dos outros centros de ERASMUS+, fixemos un pequeno festival no cole. Xusto debaixo podedes ver un anaquiño dalgúns videos. Moitas grazas pola participación.
Parella de pandereteiras
Grupo de pandereteiras
5º e 6º de primaria: Baile galego
4º EP. Amoriños collín
5 anos: Si, si kumbalé
1º e 2º de primaria: Una marea de gente
O alumnado de 5º de Primaria, coa axuda das familias, creou instrumentos con material de refugallo. A continuación tedes un vídeo no que se pode ver a exposición que fixemos con todos eles.
O día 3 de decembro é o Día internacional das persoas con discapacidade. Para celebralo no centro, entre outras actividades, o alumnado de 1º e 2º gravou esta interpretación da canción de Macaco "Una marea de gente". Algúns fragmentos do mesmo formarán parte doutro vídeo no que colaboran o resto de centros educativos de A Guarda.
O alumnado de sexto creou este vídeoclip contra todo tipo de violencia no seu tempo de lecer no centro. A música é Salir corriendo de Amaral.
O alumnado de 4º de primaria homenaxea a Manuel María con esta canción.
O alumnado de educación infantil fixo uns fermosos papaventos cos que xogamos ao ritmo da canción "Papaventos de papel" (CD: Meniños Cantores).
O alumnado de primeiro puxo son a este conto traballado na aula.
O alumnado de 5º interpretou con frautas e percusión a canción Oriente impoñente.
CONTRATOS-PROGRAMA
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |