Semana das Letras Galegas: De Castro a Villalta.

Coincidindo coa Semana das Letras Galegas, visitou o noso centro "A Xanela do Maxín", unha compañía de teatro visual, de títeres e obxectos que crea propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil, familiar e xuvenil.

Nesta ocasión presentounos o espéctaculo que leva por título "De Castro a Villalta", co que se pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta . Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura.

 

PROCESOS LECTORES

Queremos presentarvos un pequeno proxecto que acaba de dar comezo da man de Santi, mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica  do CEIP Manuel Respino e que pode ser de gran interese para toda a nosa comunidade educativa. Esperamos que vos guste!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer