EDLG

EDLGEDLG

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON XELA ARIAS

Hoxe celebramos unha das conmemoracións máis relevantes: o día das letras galegas. O alumnado do CEIP Manuel Respino estivo traballando moito acerca desta festividade e da autora homenaxeada: Xela Arias. Aqú vos deixamos unha mostra dos traballos realizados:

-Os máis cativos, os nenos e nenas de infantil, elaboraron murais coas súas palabras preferidas en galego. Tamén viron contos e vídeos sobre a autora, e realizaron unidades didácticas.

 

 

 

 
-Os nenos e nenas de primaria fixeron minilibros sobre a autora, murais, unidades didácticas, xogos interactivos... 

 

 

 

 

-E o alumnado de primaria tamén decorou as súas palabras preferidas en galego, e con todas elas creamos este mural na entrada do colexio. 



 

RECURSOS DIDÁCTICOS SEMANA/DÍA DAS LETRAS GALEGAS:


Xela Arias
1962-2003
autoría
en liña
en papel
álbum
obras
crono

Xela Arias Castaño foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.

É autora dos poemarios "Denuncia do equilibrio","Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome".

Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.


 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES 



BASES PARA A REALIZACIÓN DO DEBUXO PARA A PORTADA DA REVISTA:

CERTAME DE DEBUXO

Consiste en facer unha portada moi orixinal para a revista escolar “A Laverquiña”, que este curso se realizará en formato dixital.

 

BASES XERAIS:

 

1.    

Palabras escritas integramente en galego.

2.    

Non excederán dun folio por unha soa cara.

3.    

Poderán ser escritos á man ou a ordenador

4.    

Temática: a laverquiña (un paxaro). Poderán incluír tamén elementos relacionados co Camiño de Santiago.

5.    

Os debuxos serán entregados aos titores/as de cada grupo.

6.    

Prazo: venres 14 de maio.

7.    

Os participantes conseguirán un selo na súa compostelá.

8.    

 O debuxo gañador será a portada da revista escolar e publicarase na páxina web e no blogue do EDLG.

 

 

ENTROIDO NO NOSO CENTRO:

A pesares da situación que nos tocou vivir non podiamos de deixar algo tan típico e que nos gusta tanto, como é o Entroido. Por iso, durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, o noso Meco nos "obrigou" a vir vestidos cada día cun atuendo diferente: con algo na cabeza, algo do revés, un zapato de cada cor, un mandil ou delantal... e o venres, disfraz libre!

Aquí podemos ver algunas fotos e intentaremos compartir máis:

 

         

CONSIGNAS DO ENTROIDO:

Un ano máis celebraremos o Entroido con consignas diferentes cada día.

Polo tanto, estade moi atentos cada día para saber o que traer ao día seguinte:

COMEZAMOS....

 

O LUNS:

 

O MARTES:

 

 O MÉRCORES:

 

 O XOVES

 

O VENRES

 

MAGOSTO 2020:

Como ben é sabido, debido a situación de pandemia que estamos a vivir, non podemos desenvolver as actividades conmemorativas como nós quixeramos.

Este curso celebrámolo por niveis, desenvolvendo diferentes tipos de actividades, tendo como eixe central a castaña e o magosto: fixemos manualidades, cantamos cancións, xogos de mesa (como o 3 en raia con castañas, noces e landras), o xogo da oca coa castaña, diferentes dados...), xogos no patio con castañas, unidades didácticas con múltiples pasatempos... Podes ver un breve resumo nesta imaxe:

 

 

Tamén compartimos RECURSOS DO MAGOSTO, picando na seguinte imaxe:

Finde-Celebración del Magosto y Samaín en la zona norte – Galicia Ártabra  Digital

O MAGOSTO:

 O     M A G O S T O 

 
   

O Magosto é unha festa ou reunión de varias persoas para asar e comer castañas, que se celebra. 

En orixe era unha festa de amizade e veciñanza na que os galegos honraban as colleitas. 

Hoxe en día, seguímola a celebrar con eses mesmos matices pero engadindo ademáis o de enxalzar a castaña que, ata a chegada da pataca e do millo, despois do descubrimento de América, constituíu a base da alimentación de Galicia e doutras zonas da Península. Tradicionalmente celébrase entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.

 

 
           
    ACTIVIDADES INTERACTIVAS  
           
     
    A castañeira Magosto O Magosto  
           
    PROXECTO LECTOR "O MAGOSTO"    
    A castaña que rebentou de risa  
         
        Actividades do conto  
         
           
    VÍDEOS  
                   
   

Máis recursos

 
           
    RECOMPILACIÓN  DE  CANTIGAS  DO  MAGOSTO  E  SAMAÍN  
   
 
   

No noso colexio celebramos esta festa tradicional galega con xogos, actividades e, por suposto, COMENDO CASTAÑAS!

 
   

 

   
Distribuir contido