MURAL ENKI

Fundación ENKI trouxo ao noso colexio a súa iniciativa solidaria para a sensibilización social en relación coas persoas con dificultades visuais e auditivas. Trátase da campaña de murais en lingua de signos e sistema braille en centros educativos, con apoio da Xunta e a Deputación da Coruña.

Se tes a posiblidade de entrar, o mural atópase no muro da cancela da entrada principal.

Descarga o tríptico informativo premendo na seguinte imaxe:

Día do Libro

O pasado martes no centro tivo lugar un acto de celebración do Día do Libro. Este vídeo recolle o acto completo, no que se presenta información de artístas traballados ao longo do curso, fixéronse chistes e bailes. Feliz Día do Libro!

Visita a panadería 6ºE.I.

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil foi camiñando ata a panadería "Artesanos Peyma". Alí aprenderon a facer pan e tiveron a oportunidade de meter as man na masa.

All about American Football

A semana pasada o noso auxiliar de inglés Brad, captou a atención do alumnado cunha demostración de fútbol americano. Brad é dos Estados Unidos, e está moi orgulloso de poder compartir parte da súa cultura co noso centro educativo. O alumnado aprendeu as normas, a historia e a importancia deste deporte nos Estados Unidos.

 

EXCURSIÓN AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO (XERMADE) - 6ºEP

O venres 05 de abril de 2024, o alumnado de sexto de Primaria, como agasallo por ser finalista no programa da Televisión de Galicia "Pim, Pam, Experimenta", puideron visitar o Parque Eólico Experimental de Sotavento, no concello de Xermade (Lugo).

Para máis información: https://www.sotaventogalicia.com/

Coñeceron de primeira man a actualidade das enerxías renovables no noso país, como funcionaba un aeroxerador, a diferenza entre placas térmicas e placas fotovoltaicas... así como diferentes xogos interactivos e obradoiros con ditas enerxías. Logo, visitaron o centro comercial "As Termas" de Lugo. Pasárono xenial e aprenderon moito!

 Preme na frecha para pasar as páxinas 

Obradoiro de Saúde Bucodental

Hoxe o alumando de cuarto participou nun obradoiro no que aprenderon sobre a importancia da saúde bucodental. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer