EDUCACIÓN VIAL NO NOSO CENTRO

Os días 21 e 22 de marzo leváronse a cabo diferentes actividades sobre a educación vial no noso centro. Estas actividades foron dirixidas a todo o alumnado, desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria.

Nas clases teóricas impartidas por un axente de Garda Civil de Tráfico que recibiron antes de baixar ao patio ensináronlles os comportamentos correctos cando se circula por estrada. En bicicleta ou como peóns o importante é coñecer e respectar as normas de tráfico.

Despois dos coñecementos teóricos veu o máis divertido, poñelos en práctica. Para iso, cada clase baixou ao patio e no circuíto proporcionado pola DXT e por Protección Civil de A Rúa e Petín, a bordo das súas bicicletas, patines ou patinetes ou ben como peóns percorreron as pista. Parar no stop, ceder o paso a un peón ou reducir a velocidade que o sinal indica curva perigosa.

Que ben o pasamos e canto aprendemos!

 

Xogando co Atletismo

O xoves 14 de marzo parte do alumnado de cuarto foi ata Ourense a participar nunha xornada provincial de Xogando co atletismo na pista de Expourense.

Alí desfrutaron dunha competición probando varias modalidades atléticas con alumnado doutros centros.

 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O Punto Laranxa Virtual  e unha inciativa que funciona a modo de caixa de correo a través do cal o alumnado e familias poden comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

O seu funcionamento é moi xinxelo, premendo na icona situada na lateral dereita da páxina que conta cunha imaxe común e uniforme para que sexa perfectamente identificada, accederase ao formulario totalmente anónimo onde poderase expresar as inquedanzas sobre posibles situacións de acoso escolar poñendo así en marcha o Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. Destacar que o anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar,facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

O Noso Punto Laranxa Virtual é unha iniciativa desenvolvida ao amparo do Plan integral contra estas condutas impulsado pola Xunta de Galicia co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que os centros escolares e os espazos de interacción da mocidade conten cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situación.

Además do formato virtual na nosa páxina web, disporemos  dun formato físico coas mesmas características nas nosas instalacións accesible á toda a comunidade educativa.

SE ESTÁS A SUFRIR OU COÑECES ALGÚN POSIBLE CASO DE ACOSO OU CIBERACOSO, AXÚDANOS A PARALO!

 

 

DÍA DA MULLER

Os cativos protagonizan o acto polo 8M na praza do Concello de A Rúa

 Para leer mais da noticia prema no seguinte enlace:

 https://osil.info/os-cativos-protagonizan-o-acto-polo-8m-na-praza-do-concello-da-rua/

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer