PASOU O 1º DÍA, IMOS POLO 2º...

Ola ola caracola!!!  

Pasou, pasou o primeiro día e tod@s estabamos ali , con medo, con incertidumes, con moitas dúbidas pero estabamos tod@s:  os e as que viñeron para non deixarnos sós, os e as que non eran capaces de tomar unha decisión nestes duros momentos, os e as que estaban de folga e nas concentracións , no Luis Seoane, no cole de Canide tod@s estabamos hoxe ali.

Recibimos aos nosos nenos e nenas que tamén entraban con ganas, con medos, con ilusión e,  por suposto,  tamén lembrando aos que quedaron na casa para axudar, para demandar, para berrar :  ¡ estamos aquí !

Nada mais, dicir que, necesitamos axuda !!! 

e eu querería  dicir : GRAZAS!!!

                                            ENTRADAS:

Horario ampliado: De 08:50 – 09:15 h. 

Ás 8:50 abriranse as portas exteriores. A partires desa hora cada profesor responsable da atención na primeira sesión deberá permanecer na súa aula. Haberá profesorado de garda tanto en EI como en EP para dinamizar e supervisar as entradas.

Con carácter xeral non se formarán filas e nenos e nenas entrarán segundo vaian chegando.

En ningún caso os pais/familias accederán ao centro nese momento.

En infantil: Para este curso habilitaranse as dúas entradas situadas na parte superior do edificio de infantil.

Pola primeira delas entrará o alumnado transportado que chegará acompañado d@s monitor@s de bus e será recibido por profesorado de garda que o acompañará ás aulas.

Pola segunda, que sería a porta exterior de acceso ao pavillón entrará o alumnado acompañado polas familias, será recibido por profesorado de garda que o acompañará as aulas. A entrada será dinámica segundo vaian chegando e non se formarán filas para evitaraglomeracións.

Os pais/familias en ningún caso entrarán ao centro nese momento.

As titoras/profesorado responsable da 1ª sesión permanecerán nas aulas desde as 08:55 h. e vixiarán que na entrada se leven a cabo normas de hixiene: limpeza pés / limpeza mans co xel hidroalcohólico.

En primaria:

Habilitaranse as dúas entradas exteriores do centro.

Alumnado transportado : Conforme ao protocolo para alumnado transportado no momento da chegada do bús baixará :

Pola 1ª entrada  o alumnado de 1º , 2º e 3º de E.P. que o farán de xeito dinámico sin formar filas e supervisados por profesorado de garda que comprobará que realizan a adecuada limpeza de desinfección de pés nas alfombras habilitadas para o caso.

Subirán ás aulas polas escaleiras correspondentes e serán recibidos por titor@s/profesorado responsable da 1ª sesión, que supervisarán a realización de medidas de hixiene acordadas.

Pola 2ª entrada accederá o alumnado de 4º , 5º e 6º de E.P. que o fará tamén de xeito dinámico sin formar filas e supervisados por profesorado de garda que comprobará que realizan a adecuada limpeza de desinfección de pés nas alfombras habilitadas para o caso.

Subirán ás aulas polas escaleiras correspondentes e serán recibidos por titor@s/profesorado responsable da 1ª sesión, que supervisarán a realización de medidas de hixiene acordadas.

Alumnado acompañado de familias ou alumnado que chega só (a partir de 5º de primaria con autorización), esperarán na beirarúa fronte ás entradas do centro ata que a policía local lle permita o paso. Nese momento entraran ao centro sen deterse ata a súa aula, respectando as medidas de distanciamento social.

Haberá profesorado de garda guindo esas entradas.

Os pais/familias en ningún caso entrarán ao centro nese momento.

Nos accesos todo o alumnado e profesorado deberá obrigatoriamente levar posta a máscara e gardar as distancias.

 

SAÍDAS

En infantil

Alumnado transportado: Sairán pola porta superior exterior onde os recollerán os monitores do bus .

A partir das 13:30 h  agrupados por niveis situaranse na aula A o alumnado usuario de transporte (colocado a sua vez por liña de bus) e na aula B o alumnado que será recollido polas familias.

As monitoras de cada liña de bus achegaranse á porta exterior de infantil seguindo a orde: Liña 6, 1. 2. 3 , 4 e 5. e cada titora por niveis irá colocando aos usuarios das correspondentes liñas na porta de acceso para que as monitoras os recollan e os acompañen ao bús.

Alumnado recollido polas familiasUnha vez entregado o alumnado de transporte ou simultaneamente sempre que se podan gardar as medidas de distanciamento social, cada profesora responsable de nivel acompañará aos seus alumnos á porta de saída establecida onde serán recollidos polos pais que deberán esperar fora ca separación entre eles que garanta a sua seguridade.

Alumnado usuario do comedor- A partires das 13:15 horas será recollido nas clases polo personal responsable do comedor segundo protocolo COVID establecido.

Saída comedor: segundo protocolo COVID establecido.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN : Durante o mes de setembro o alumnado de 4º de Educación Infantil terá un período de adaptación de acordo coa ORDE pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos polo tanto durante este mes este nivel terá unha programación de entradas e saídas adaptadas tal e como foi xa explicado na reunión de principio de curso.

 

En Primaria:

O mestre especialista ou titor que estea co alumnado na última sesión encargarase de que se desinfecten os postos de traballo, se recolla o material e se garde unha orden nas saídas para evitar aglomeracións.

A partires das 13:45h:

Sairán primeiro os alumnos de comedor e posteriormente o mestre/a responsable da última sesión acompañará ao resto do alumnado ata a porta exterior de saída. (A saída será dinámica sen detencións).

Ás 13:45h sairán os alumnos de 1º, 2º e 3º e posteriormente os de 4º, 5º e 6º ás 13:55h. No caso de ter que agardar nas escaleiras manterase un escalón de distancia entre o alumnado.

O alumnado de comedor será o primeiro da fila seguirá o de transporte que irá directamente ao autobús correspondente. No caso de ter que agardar para subir ao bús respetarán as distancias de seguridade establecidas.

As familias esperarán gardando a distancia na beirarúa fronte ao centro.

Contaremos ca presenza da policía local regulando o tráfico.

 

Debemos recordar...

  • Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
  • Usar a máscara 
  • Desinfectar as mans antes de entrar / saír do centro 
  • Permanecer no espazo establecido.
  • Nas entradas e saídas os pais non acceden ao Centro Escolar

 

 SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES

Podédelo consultar no Protocolo de Comedor da empresa xestora Jardanay

 

RECREOS

- Tal e como figura no noso Plan de adaptación ao contexto Covid, realizaranse por quendas, respectando os grupos de convivencia estable e nos espazos sinalados e diferenciados nos patios de infantil e primaria.

- Nos días de chuvia os recreos serán nas aulas ao non dispor o centro de espazos cubertos que garanticen o mantemento das medidas de seguridade derivadas da situación de pandemia.