PRAZOS ENTREGA DE MATERIAL

Bo día familias!  Como xa vimos anunciando a semán que ven poderedes pasar polo cole para recoller o material que quedou nas aulas no momento da interrupción das clases presenciais.

Para respectar as medidas de seguridade estableceremos unhas quendas . Recordamos que so pode vir unha persoa por alumn@ e debe traer máscara de protección.

O horario de recollida será de 9:00 a 13:00h . Debedes timbrar na porta exterior e esperar a que vos abran. Será o conserxe o que vos acompañe ao comedor que é onde están os materiais debidamente etiquetados.

Se vos ven ben poderedes aproveitar a visita para facer a solicitude de material e fondo de libros para o próximo curso se é que non a tedes xa feita. Para este trámite deberedes pedir cita.

   LUNS 1 e MARTES 2 de Xuño, E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria.

                                                MÉRCORES 3 e XOVES 4 de Xuño, 3º,4º,5º e 6º de E. Primaria.

                                                (Para recoller o material non é necesario pedir cita)

 

Se tedes algunha dúbida xa sabedes, no centro atendemos presencialmente sempre con cita previa. A atención telefónica é de 10.00 a 13:00h no 981617130 e permanentemente no 676727505.

Seguimos en contacto... sorte!!!