O CEIP López Ferreiro loita pola Paz

A celebración do Día Escolar pola Paz é unha boa ocasión para a formación de actitudes e comportamentos que  favorezan  a convivencia nun entorno cada vez máis diverso e fomentar un desenvolvemento integral das persoas basado na igualdade de dereitos e oportunidades.

Ademais, tendo en conta que os conflitos do futuro terán como orixe a loita polos recursos naturais, este ano todo o centro participou de diferentes propostas dinamizadas desde o Equipo de biblioteca, o Equipo de medio ambiente e os de Seccións bilingües. Un ha mostra dos seus resultados pódense ver no seguinte enlace: https://bibliolulu.blogspot.com/2023/01/dia-da-paz.html

Por outra banda, este ano o alumnado de 5º e 6º de primaria  deseñou un mural cooperativo dentro dunha actividade proposta por Asamblea de Cooperación pola Paz, e coordinado polo Equipo de actividades complementarias e extraescolares do centro. De todo o que falaron e aprenderon, quedou un fermoso testimonio gráfico nunha parede do colexio.

En definitiva, diversas propostas para desenvolver, asemade, os obxectivos de desenvolvemeneto sostible da Axenda 20/30.

Visita do alcalde de Santiago ao López Ferreiro

Cando o alumnado de 6º de educación primaria participou na gravación do programa especial de Ponte nas ondas no pazo de Fonseca, propúxoselle ao alcalde de Santiago de Compostela que visitara o noso centro para coñecer as necesidades do CEIP López Ferreiro.

O venres 13, recibimos a visita de Xosé Antonio Sánchez Bugallo. As nenas e os nenos actuaron de guieiros polo centro, e así, tanto o Alcade como o Concelleiro de Educación, Rubén Prol, escoitaron a necesidade de que nos pinten as paredes; que nos arranxen as pingueiras en diferentes zonas do edificio, e moi especialmente no comedor; que se limpen as pistas exteriores e se habiliten os baños; que se coloque céspede sobre o cemento das pistas...
 
Toda unha serie de peticións das que o Alcalde tomou nota, e que segundo o propio alumnado lle comentou, agardan ver realizadas, ou cando menos encamiñadas, antes de marchar para o instituto...E xa non queda tanto!
 

Exposición solidaria

Os Equipos de Actividades Extraescolares e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP López Ferreiro realizaron, con alumnado de diferentes niveis, unha exposición fotográfica: “A mellor luz, a solidariedade”, co fin de colaborar co Albergue Juan XXIII na campaña de Nadal. Deste xeitoapóiase o grande labor que está a facer esta institución, ao ser refuxio e sustento de moitas persoas na nosa cidade.

Protagonizan as fotografías os distintos tipos de luz e os ollos do alumnado que as realiza ou está a ser retratado.

Ademais, cada unha das 30 imaxes están apoiadas con versos de grandes mulleres poetas galegas: Rosalía de Castro, María Mariño, Luz Pozo, María Victoria Moreno, Helena Villar, Ana María Fernández, María do Cebreiro Rábade ou Rosalía Fernández.

A exposición puido ser visitada os días 21 e 22 de decembro no claustro do Hotel Monumento San Francisco e, á volta do Nadal, as fotografías serán expostas no centro.

O motivo da exposición foi procurar diferentes produtos que precisan no Albergue: alimentarios, de hixiene persoal, de limpeza etc.

                   

Felices Festas!

Presentación do Libro da Memoria no CSC Maruxa e Coralia

O pasado 17 de decembro, presentouse no CSC Maruxa e Coralia o Libro da Memoria (2019-2022) das aulas Coralia e Maruxa do CEIP López Ferreiro. 

Un conxunto de textos ilustrados polo alumnado e que son unha escolma da tradición oral das súas familias.

O acto, ao que asistiu arredor dun cento de persoas entre alumnado, familias, representantes do mundo da cultura e da política da cidade, estivo cargado de emotividade. xosde manifesto a importancia do texto lírico de tradición oral, porque nos conecta coa cultura e coa lingua propia e porque pon en valor a muller como principal transmisora. 

Nesta presentación falaron Helena Villar, Encarna Otero, Cristina Trigo, Mari Carmen Montero, Fátima Rodríguez e Rosa Suárez.

Agradeceuse a Mercedes Rosón e a Lupe Rodríguez que propiciaran o encontro no novo CSC e a Benjamin Carter o ter desenvolvido o deseño e maquetación da obra.

   

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES

O pasado mércores 30 de novembro o alumnado de 5º A e B asistiron a unha charla sobre as características dos nenos e nenas autistas e como xestionan as súas relacións sociais en diversos contextos cotiáns.
O ponente tiña só 10 anos, chámase Celso Brandán, é autista e compartíu unha presentación fantástica que realizou xunto co seu pai.
Esta actividade enmárcase na celebración do día 3 de decembro, día internacional das persoas con capacidades diferentes.

 

 

CREEPY CARD EXCHANGE WITH CEIP DE PEDROUZOS

Este curso intercambiamos experiencias con dous colexios, un deles é o CEIP de Pedrouzos. Estamos encantados e encantadas. Ordenando desde E.I a 6º de E.P no CEIP de Pedrouzos están o teacher Víctor, teacher Tania e teacher María José e no CEIP López Ferreiro a teacher Nía, teacher Mari, teacher Luis e teacher Sara.

Nesta ocasión o intercambio foi de megapostais de Halloween. Aquí vos achegamos un vídeo que vos dará unha idea do que se fixo.

  

CREEPY CARD EXCHANGE

Alumnado de 6º E.P na English Digital Week

Efectivamente, este domingo empezou a nosa quenda na Digital Week, actividade incluída na programación de Seccións Bilingües deste curso. Este domingo, o alumnado participante, nenas e nenos de 6º de E.P, iniciaron a estancia no albergue de Gandarío, onde van a desfrutar das actividades que se desenvolveran ao longo dunha semana. Alí convivirán con alumnado doutros centros escolares de Galicia. Algunhas das actividades planificadas son robótica, deseño dixital, impresión 3D, realidade aumentada, ..., tamén haberá tempo para actividades de exterior, que fomenten a convivencia e as relacións sociais. Todas as actividades serán levadas a cabo en inglés, por persoal nativo. Desexámoslles unha feliz experiencia :)

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Dende os equipos de Plan Dixital e Dinamización da Lingua Galega, queremos achegarvos o video conmemorativo do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, desenvolvido co alumnado de 4º de Educación Primaria.
 
Esta proposta é a continuación do traballo que dito alumnado iniciou en Educación Infantil e complementou o pasado 8M.
 

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Dende os equipos de Plan Dixital e Dinamización da Lingua Galega, queremos achegarvos o video conmemorativo do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES desenvolvido co alumnado de 4º de Educación Primaria.
Esta proposta é a continuación do traballo que dito alumnado iniciou en Educación Infantil e complementou o pasado 8M.
Saúdos!
Equipo de Plan Dixital e EDLG

 

Distribuir contido