Complementarias
EXPOSICIÓN AÉREA - Samaín 2020
Enviado por Anónimo o Mar, 11/03/2020 - 14:11Neste curso atípico e condicionado pola COVID-19 decidimos festexar e achegar ao alumnado as tradicións da nosa terra como viñamos facendo en cursos pasados.
As medidas sanitarias condicionan o xeito de como celebrar no cole datas relevantes, por iso tivemos que reinventarnos e buscar a maniera máis idónea e segura de facelo.
E, como as familias non poden entrar nos corredores para desfrutar das exposicións e creacións do alumnado, pensamos e sacalas a fóra.
Decidimos darlle unha volta ao Samaín e trocamos as cabazas por vasoiras e puchos de meiga.
E este é o resultado.
Saída ao Teatro Principal
Enviado por Anónimo o Mér, 02/24/2016 - 17:58O pasado 23 de febreiro o alumnado de 1º de E.Primaria asistiu a ao teatro Principal a ver “ Babiliglub”, unha novedosa obra infantil en luz negra que introduce ao público nunha aventura de títeres baixo un mar de música, movemento e cor.
Babiliglub conta coa música de Elena Paz e Xosé Liz; e un elenco formado por Óscar Ferreira, Rogelio Lema e Xurxo Cortázar.
Saída ao teatro
Enviado por Anónimo o Xov, 01/21/2016 - 13:15
O alumnado de 5º e 6º asistiron a un espectáculo de danza “Só unha excusa”, da man da Compañía !Las Tricotouses”, no Teatro Principal, o 18 de xaneiro. O traballo artístico desta compañía ofreceulles aos alumnos a posibilidade de ver unha improvisación de danza acompañada de iluminación especial para a través de movemento corporal escenificar catro distintos estados de ánimo. O espectáculo veuse complementado cun taller de danza no colexio que tivo lugar o mércores 20 de xaneiro.
Renacemento e barroco musical
Enviado por Anónimo o Mér, 12/09/2015 - 10:24O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, participou o pasado venres 4 de decembro nunha actividade musical no centro, impartida por Luis Soto, pai de un alumno de 6º e unha alumna de 1º.
Nesta actividade descubriron a música na Idade Moderna: Renacemento e Barroco, dun xeito ameno e práctico.
Grazas de novo a Luis, por achegarnos unha vez máis a música.
Cartografía
Enviado por Anónimo o Lun, 12/07/2015 - 14:37Os pasados días, 26 de outubro e 2 de decembro de 2015, o alumnado de 5º e 6º, respectivamente, asistiron no colexio, a unha charla impartida por Alberto Varela, pai de alumnos do centro.
En dita charla, tiveron a sorte de contar co saber e profesionalidade de Alberto, para reforzar contidos traballados na área de Sociais, e descubrir outos novos de xeito atractivo e práctico.Reiteramos de novo o agradecemento pola colaboración, en nome de todo o alumnado
.
Visita ao Museo de Historia Natural
Enviado por Anónimo o Lun, 12/07/2015 - 14:26Os alumnos e alumnas de 3º de E.Primaria, visitaron o pasado día 2 de decembro, o Museo de Historia Natural, reforzando asi o tema dos invertebrados, traballado na aula.
Encontros con autores, Gonzalo Moure
Enviado por Anónimo o Mér, 11/25/2015 - 13:54Gonzalo Moure, nacido en Valencia, estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Traballou como xornalista entre 1973 e 1989, fundamentalmente na radio. Deixou esta sendo director dunha emisora de radio. Tamén escribíu en prensa, prensa especializada en música popular, televisión (como guionista) e publicidade.
As súas obras caracterízanse pola atención aos problemas sociais.
O 25 de novembro o noso alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, tivo as sorte de asistir a unha charla co autor dos libros que están lendo, Palabras de caramelo e Fango.