E-dixgal
Xornada de robótica do alumnado de 6º cos nenos e nenas de 1º
Enviado por Anónimo o Ven, 06/15/2018 - 12:54O alumnado de 6º de EP amosou aos máis noveles do centro, os nenos e nenas de 1º , os seus avances no mundo da robótica así como o funcionamento das montaxes de circuítos eléctricos creados por eles mesmos.
De forma lúdica e activa os nenos e nenas de 1º poideron desfrutar parte da xornada escolar das aprendizaxes e dos resultados da labor desenvolvida polo alumnado de 6º no marco do programa de innovación educativa “ Introdución á robótica educativa en primaria” promovido pola Xunta.
Coñecer os programas informáticos de mbot, o manexo dos robots conectados os ordenadores, espertou grande interés no alumnado de tan curta idade grazas á disponibilidade e bo facer dos nenos e nenas de 6º .
Noraboa a tódolos eles!
Pequena mostra do acontecido nestas imaxes.
Edixgal
Enviado por Anónimo o Ven, 12/18/2015 - 02:12
O proxecto E-DIXGAL arrancou no curso 2014/2015, incorporando no noso centro aos alumnos de 5º e 6º de primaria. Profesorado e alumnado desenvolvemos a actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe (EVA) que permitir acceder a contidos dixitais dous provedores: a editorial EDEBÉ e a empresa de contidos dixitais Netex.
A través do proxecto de incorporación do libro dixital pretendemos aproveitar todas as vantaxes que proporcionan as novas tecnoloxías.
Non podemos manternos á marxe das tecnoloxías, vivimos nunha sociedade en continuo cambio e, este cambio, débese en gran parte a estas; como docentes, é evidente que a escola non pode nin debe facer caso omiso a estes cambios
Todos nós, formamos parte desta sociedade informatizada, todos nós, somos escola e, en consecuencia, a escola forma parte desta informatización.