Iniciar sesión: Acceso

Secretaría

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No DOG do 21 de maio de 2018 saíu publicada a Orde de 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Secundaria e Educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018-2019.

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

2.- AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria. Para rendas per cápita do ano 2016 inferiores a 9.000 €.

3.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Para rendas per cápita do ano 2016 imferiores a 5.600€.

Prazo de presentación das solicitudes: dende hoxe día 22 ata 22 de xuño.

Para ser beneficiario do fondo é das axudas para libros de texto e material escolar é condición INDISPENSABLE, DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO (neste curso 2017-2018).

Si necesitades máis información podedes pasar polo centro.

 

A Directora

Patricia Mª Cons Formoso

CALENDARIO ESCOLAR

calendario escolar 2017-2018

Ademais dos días non lectivos e festivos sinalados no calendario escolar, tampouco haberá clase o venres 13 de outubro nin o venres 18 de maio, posto que son os días non lectivos de libre elección escollidos polos centros educativos de Ferrol.

CALENDARIO ESCOLAR

AS CLASES COMEZARÁN O 11 DE SETEMBRO NO HORARIO HABITUAL  (9:40 A 14:40).

Ese día haberá servizo de almorzo (8:00 a 9:30) e de xantar.

O alumnado de 3 anos o seu  horario será o acordado na reunión de xuño coa titora polo período de adaptación.

FONDO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

FONDO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

Todos os alumnos/as de 3°, 4°,5° e 6° de Ed. Primaria adxudicaránselles todos os libros de texto agás o cuadernillo de inglés que o terán que mercar.

 

ENTREGA DOS CHEQUES : Na conserxería do centro en horario de 10:00 a 13:00.

ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO: No mes de setiembre,  ao comenzar as clases.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017-2018.

Tedes o listado de libros e material escolar de todos os cursos 2017-2018.

Distribuir contido