Iniciar sesión: Acceso

Complementarias

VISITA A RECICLATERRA

O 12 de febreiro de 20028, os alumnos/as de Educación Primaria realizaron unha visita as Aulas de Reciclaterra.

O Centro de Interpretación e Divulgación da Reciclaxe, da a coñecer aos visitantes a realidade do consumo de residuos e o seu posterior tratamento, e intenta promover hábitos positivos de consumo.

EXPOSICIÓN DO PINTOR LUIS SEOANE

O 29 de novembro de 2007, os alumnos e alumnas de todo o colexio asisten a unha exposición na Fundación Caixa Galicia do pintor Luis Seoane, ademáis de coñecer a súa obra, realizaron un obradoiro de plástica cunha obra do autor.

 Aquí podemos ver a chegada dos nosos artistas de Infantil e 1º ciclo de Primaria.

VISITA O CONCELLO DE FERROL

O 19 de novembro de 2007, os alumnos e as alumnas de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, visitaron as instalaccións do Concello, asistiron a un pleno e foron invitados a unha merenda.

                                                         

EDUCACIÓN INFANTIL VISITA UN PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA

O 29 de outubro de 2007, os alumnos/as de Educación Infantil, visitaron o Parque de Educación Viaria do Concello de Fene.

Alí poideron ver un vídeo e máis tarde poñer en práctica as normas de circulación e seguridade, empregando distintos medios de transporte: triciclos, patinetes, bicicletas...

No seu favor dicir que non houbo ningún accidente.

Imos ver unhas imaxes para comprobar  o que aprenderon e o ben que o pasaron.

ALÍ VAMOS !!    

Distribuir contido