Iniciar sesión: Acceso

CIRCULAR 2 (30-01-2017)

              Circular Informativa

Como todos os anos elaboramos os calendarios cos nenos e nenas, antes de nada pedirvos perdón pola tardanza pero ao cambiar a Directiva da A.N.P.A. levóunos máis tempo elaboralos.

Queremos agradecer ó profesorado do centro a súa colaboración como sempre fan, por facer as fotografías para este proxecto.

O prezo do calendario é de 5 Euros como os anos anteriores. Pensamos que é una boa forma de colaborar coa A.N.P.A. a acadar o diñeiro necesario para todas as actividades, excursións, festas, etc. que faremos ó longo do curso.

Para mercalos podedes enviar o diñeiro polos nen@s para que os leven a casa, tamén estaremos toda esta semana á entrada e saída do horario escolar e agradeceríamos que enviedes o diñeiro xusto á cantidade de calendarios desexados para non ter que dispoñer de cambio. .

Parécenos un agasallo orixinal, tanto para as nais e pais , como para outros membros da familia ou mesmo os amigos, é divertido comparalos cos dos outros anos para ver como foron medrando, sabemos que ás nenas e nenos gústalles moito verse nas fotos cos seus compañeir@s.

Esperamos que sexa do voso agrado xa que puxemos a máxima ilusión e esforzo neles e que colaboredes una vez mais, xa que é unha das formas que temos para recadar fondos para financiar as actividades que programamos.

NOTA: Informámosvos de que para quen o desexe xa se poden consultar as programacións de todos os cursos na web do colexio.

MOITAS GRAZAS A TODOS.

 

UN CORDIAL SAÚDO.                         A A.N.P.A.