Skip to Content

Admisión alumnado

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

Desde o día 1 ata o 20 de marzo, ambos os dous inclusive, abrirase o periodo de solicitude de praza para o alumnado de educación infantil e primaria para o curso escolar 2024-2025.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro educativo, onde tamén terán á súa disposición os impresos correspondentes.

En caso de optar pola presencialidade, prégase soliciten cita previa coa secretaría no teléfono 881960282 e serán atendidos no seu horario habitual (de 10:50h a 11:45h).

As solicitudes deberán ir acompañadas de:

- Documento acreditativo da representación.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou oconvenio regulador onde conste a custodia do menor. 

Tamén se recomenda presentar toda a documentación acreditativa dos criterios do baremo neste prazo.

Nos archivos que se xuntan pódese consultar toda a información sobre o proceso de admisión.

Distribuir contido


by Dr. Radut