Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

No apartado de Secretaría desta páxina web, poden atopar toda a información relativa ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025.

 

 

ENTROIDO ARTÍSTICO 2024

Un ano máis chega o entroido ao noso cole, así que todas e todos preparados para cumprir cos divertidos mandadiños do meco. Non tedes máis que premer na imaxe para descubrir todo o que ten preparado.

A diversión está máis que asegurada!

BO NADAL

Estimadas familias:

Dentro do proxecto "Percorrendo a nosa arte" que estamos a desenvolver neste curso, elaboramos este calendario con diferentes artistas galegos/as para felicitarvos o Nadal. 

Podedes atopar a versión para imprimir no documento adxunto.

GUÍA DE LECTURA NADAL 2023

  Coma todos os anos aquí tedes a guía de lectura de Nadal. 

LABACA SOLIDARIA

Estimadas familias:

  Como participantes no Plan Proxecta "Voluntariado Miúdo", neste trimestre, organizamos actividades solidarias con situacións vitais de colectivos vulnerabéis. Así, colaboramos con dúas ONGs da nosa localidade, Ecos do Sur e Accem na recollida de productos de hixiene e almorzos reconstituíntes.

A continuación tedes toda a información necesaria para poder realizar as vosas aportacións. 

Moitas grazas! 

 

 

GRAZAS FAMILIAS

Queremos deixarvos por aquí unha pequena mostra das cabazas e dos bodegóns de outono que achegou o alumnado e as súas familias para a exposición de Samaín. Moitas grazas!

 

 

 

Unha ollada darredor

Velaquí tedes un vídeo-resumo do Proxecto Documental Integrado que levamos a cabo no colexio este curso baixo a coordinación do Equipo da Biblioteca. Aprendemos moitísimas cousas sobre a nosa cidade botando Unha ollada darredor! Pinchade na imaxe para comprobalo.

 

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023

Coma todos os anos aquí tedes a guía de lectura de verán. 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut