Skip to Content

ANPA

Asociación de Nais e Pais de Alumnos

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Labaca ven funcionando desde o 21 de xuño de 1978, coa vontade  clara de axudar a construír o mellor entorno educativo posible. Así, os estatutos da asociación reflicten esa finalidade en dúas funcións:

“Cooperar no bo funcionamento das institucións educativas do centro, mantendo un contacto permanente coa Dirección e o profesorado para a execución das medidas conducentes a mellor formación dos alumnos, establecendo unha estreita colaboración, participación e coordinación cos seus órganos de goberno.”

“Contribuír a calquera actividade que atenda a fortalecer a institución educativa e  formativa, considerando o ensino en xeral como un elemento básico do desenvolvemento da personalidade e da comunidade.”

Con esa vontade, máis de trinta anos despois, a ANPA do CEIP Labaca é actualmente a encargada de xestionar os servizos de madrugadores, comedor e as actividades extra escolares que se realizan no centro en horario de tarde.

Podedes atopar toda a información da Asociación e dos seus servizos na súa propia www.apalabaca.es " href="http://www.apalabaca.es/">páxina web.

Distribuir contido


by Dr. Radut