Skip to Content

Comedor

Servizo de comedor

Desde o ano 1998, funciona no CEIP Plurilingüe Labaca o servizo de comedor, que se realiza entre as 14.00 h e as 16.00h, o tempo que vai da saída das clases ao comezo das actividades extra escolares.

O espazo destinado a comedor ten unha capacidade para máis de 50 comensais. Os alimentos veñen diariamente cociñados polo servizo de catering contratado pola ANPA deste centro. Tres camareiras e seis coidadores encárganse da atención dos pequenos comensais durante o transcurso da actividade.

Desde o curso 2014-2015, ademais está dispoñible o servizo de madrugadores, que permite aos nenos permanecer no centro desde as 7.30 da mañá e ata o comezo das clases, coas opcións de almorzar ou non no propio centro.

Ambos os dous servizos están xestionados pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) que periodicamente informa da súa actividade ao equipo directivo e este ao Consello Escolar. Toda a información e documentación necesaria está dispoñible na propia web da Asociación.

Distribuir contido


by Dr. Radut