Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

Desde o día 1 ata o 20 de marzo, ambos os dous inclusive, abrirase o periodo de solicitude de praza para o alumnado de educación infantil e primaria para o curso escolar 2024-2025.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro educativo, onde tamén terán á súa disposición os impresos correspondentes.

En caso de optar pola presencialidade, prégase soliciten cita previa coa secretaría no teléfono 881960282 e serán atendidos no seu horario habitual (de 10:50h a 11:45h).

As solicitudes deberán ir acompañadas de:

- Documento acreditativo da representación.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou oconvenio regulador onde conste a custodia do menor. 

Tamén se recomenda presentar toda a documentación acreditativa dos criterios do baremo neste prazo.

Nos archivos que se xuntan pódese consultar toda a información sobre o proceso de admisión.

AdxuntoTamaño
Impreso de solicitude de admisión ANEXO II e II bis.pdf1.38 MB
Manual familias admisión.pdf175.06 KB
Mapa área de influencia.pdf2.22 MB
Criterios de valoración admisión 2024-2025.pdf311.46 KB
Oferta de postos escolares dispoñibles curso 2024-2025.pdf281.97 KB
Resumo información procedemento de admisión e calendario.pdf522.73 KB
INFORMACIÓN INFANTIL CURSO 2024-2025 con servizos complementarios.pdf2.02 MB
Normativa reguladora Decreto 13 2022 pola que se regula a admisión.pdf545.72 KB
Normativa reguladora Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13 2022.pdf1.6 MB
Anuncio do sorteo público anual do número para resolver empates.pdf300.02 KB
Resultado sorteo empate.pdf315.16 KB


page | by Dr. Radut