Skip to Content

Curso 2013-2014

Aquí atoparedes as novas producidas en cursos anteriores.

Obradoiro de plantas na terraza da escola

O ano que ven vai a ser o centenario da escola, polo que decidimos embelecer a fachada do edificio decorando as xardineiras da terraza superior.

Hai noventa e moitos anos comezouse a edificar a nosa escola. É moi difícil imaxinar o impacto que puido ter a construción sobre a xente que transitaba a diario pola zona, mentres vían erguerse pouco a pouco o maxestuoso edificio. Aínda hoxe en día atrae as miradas de residentes e visitantes. A fachada modernista segue alzando a súa liña  esvelta e desafiante, capitaneada pola agulla central rozando o ceo.

Cen anos son moitos, e aínda que a nosa escola segue a ter a mesma cara preciosa, pensouse que non lle viría mal dotar de plantas as xardineiras da terraza, e devolverlle o aire primaveral dos seus anos mozos.

Encargáronse da misión os alumnos de 2º de primaria, baixo a dirección e supervisión de  Rubén e Xacobe, xardineiros profesionais. E este é o caderno de campo do seu traballo.

Ruta urbana pola Praza de María Pita

Os alumnos de 2º visitamos a Praza de María Pita. Fixemos un percorrido por toda a praza buscando tesouros que as veces pasan desapercibidos a primeira vista: a estatua da heroina co seu home ferido aos pés, os farois, o buzón de correo, as aldrabas das portas, os escudos,...

Tamén visitamos o interior da Casa do Concello. No salón de plenos estivemos admirando os gravados e tallas de madeira que representan a historia da nosa cidade.

Os alumnos de 2º de primaria na súa ruta urbana, xunto co alcalde Carlos Negreira.

No vestíbulo principal atopamos ao Sr. Alcalde, Carlos Negreira, que detivo, por un momento,a súa axenda de traballo para saludarnos, falar con nós e facerse unha foto con todo o grupo.

"O colexio máxico secreto", unha curta feita polos alumnos

Os alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Labaca que participaron durante o primeiro trimestre do curso no Taller de Curtametraxes xa teñen lista a súa primeira obra, "O colexio máxico secreto", unha historia chea de misterio que aproveita todo o potencial arquitectónico do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut