Publícase no Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2019, a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.
Prazo de solicitude : ata o 21 de xuño
As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios dispoñibles na aplicación da Consellería de Educación FONDOLIBROS, na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia e opcionalmente de forma presencial na secretaría do centro onde estén admitidos para o curso 2019-2020 ( impresos dispoñibles tamén na conserxería)