O lecer

O alumnado de 4º EP, a partir do conto "Avoa adormecida", realizou unha actividade conxunta coa residencia "O Lecer". Prepararon un poema titulado "Colleita de estrelas" extraído do "Libro das avoas". Investigaron sobre o acivro, unha árbore de Galicia que agasallaron aos residentes e traballadoras para plantar no seu xardín como recordo da súa visita. Tamén elaboraron unhas estrelas de tea nun obradoiro no que colaborou Mary, nai dun alumno desta aula e que tanto residentes como traballadoras, colocaron nas súas árbores de Nadal. Visitaron a residencia, coñeceron o funcionamento e as instalacións pero sobre todo recibiron o agarimo e a tenrura coa que os recibiron as persoas maiores. Eles e elas tamén tiñan un agasallo para eles, unhas galletiñas de améndoas que venden para financiar os seus obradoiros. Se queredes colaborar con eles e elas, só tedes que chamar e encargar as vosas bolsiñas de galletas. ESTAN BOÍSIMAS!!!! 

REPETIRÁN A VISITA!!!! FOI XENIAL!!!!

GRAZAS Á RESIDENCIA O LECER POLO BEN QUE OS TRATARON!!!