As nosas actividades e saídas

Magosto 2020

A pesar das circunstancias este ano tiñamos claro que non queríamos quedar sen Magosto, así que con todas as precaucións e as medidas necesarias, así como con toda a ilusión de compartir xuntos este día, vivimos un ratiño moi especial. Moitísimas grazas aos nosos castañeiros Ana e Lisardo, que un ano máis puxéronse mans á obra para asar unhas riquísimas castañas.

Por suposto acordámonos moito dos nosos avós e avoas, xa que esta é a súa festa. Pero o próximo ano seguro que o celebraremos de novo todos xuntos e con moitas máis ganas!

 

 

1ª Graduación de 6º EP post-COVID19

 A cuarentena polo COVID-19 trastocou moitos plans. Fixo que nos désemos conta da importancia de cousas que non valoramos habitualmente como a saúde ou o tempo para nós; pero tamén do imprescindible que é o poder abrazar, bicar, sentir, estar cos nosos seres queridos.

No Josefa Alonso non nos cabía na cabeza que o noso alumnado de 6º EP marchase para o instituto sen facer algo especial. Non podía ser a típica graduación a que estamos acostumados (que queda pendente para setembro) así que a mestra Alma puxo en marcha a este EQUIPO que formamos xunt@s.

Todo empezou cunha carta que chegou aos buzóns dos nenos e das nenas. Unha carta con todo o cariño d@s seus mestr@s que podedes ler aquí:

 

 

 

O xoves 25 de xuño, Alma quedou co seu grupo para despedirse. O que non sabían era o que lles tiñamos

preparado.

 

A artista que temos coma mestra de música, Raquel, púxolle letra e música a todas as emocións e sentimentos que  non se poden expresar só con palabras.

-En breve poderedes ver o vídeo-

Como xa dixemos foron moitas cousas as que quedaron pendentes. Unha delas, a entrega do diñeiro recaudado para DISCAMINO coa nosa MERENDA SOLIDARIA.

 

Aínda que, se a situación o permite, visitarán o noso centro o vindeiro curso, este grupo marcha para o instituto. Por iso, puxémonos en contacto coa Asociación para poder darlles a sorpresa de que os coñecesen e así puidesen ser partícipes da entrega simbólica do cheque cos cartos da doazón.

   

 

Neste enlace podedes ler o que sentiron el@s: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10222732349967975&id=1551220066

 

Por último, deixámosvos unhas fotos deles, dos e das protagonistas. Foi unha graduación atípica, coma este curso, sen bicos, sen abrazos (por moito que nolos pedira o corpo) pero sen dúbida, inesquecible

-En breve poderedes ver o vídeo-  

Derek, Lucas, Roi, Valeria, Carla, Icía, Vitor e Noel…

Carmen, Blas, Ainhoa e Anxo, Raúl, Dani, Yanira e Manuel…

Sodes parte deste cole, levarémosvos no corazón.

Só nos queda desexarvos sorte, que vos pase de todo o mellor!

 

EXTRA, EXTRA!!!

O alumnado de 5ºEP durante este confinamento traballou a noticia periodística.

Aquí podedes ver o resultado!!

E non esquezades descargar o documento adxunto... así o poderedes consultar con calma!!

  

CONTIÑOS DAS FAMILIAS DE 1ºEP

 

 

 

Lembranzas do 2019

 

Nestes días botámonos moito de menos...

Deixámosvos o vídeo das nosas reflexións co Hadriana en relación a temática afectivo- sexual que desenvolvimos grazas a nosa ANPA e tamén  o vídeo do Entroido 2020 para rir un pouquiño lembrando unha xornada tan especial.

Nun intre estaremos de novo todas e todos xuntas/os!!

Moita forza e unha forte aperta a tod@s!!!!!

 

 

 

 

 

FINALISTAS NO LIGAMATS!!!

Énchenos de orgullo contarvos que @s nos@s representantes de 5º e 6º de EP do centro pasaron á fase final do concurso Ligamats!! Unha liga matemática entre equipos de distintos centros educativos dentro da XVI edición IMATXINA-Vigo.

Alí tiveron que resolver unha serie de problemas matemáticos no que se valoraba non só os contidos e resultados, senón o traballo en equipo e a maneira de como obter os resultados xuntos. Unha experiencia moi enriquecedora que amosa os froitos do traballo cooperativo que se leva a cabo no noso centro.

Moitísima sorte na final Blas,Noel, Paula e Icía!! Para os vos@s compañeir@s e todo o equipo docente xa sodes gañador@s!!"

VISITA AO ANFIV: O alumnado do Ceip Josefa Alonso ten unha tarefa moi especial. A través da aprendizaxe de servizos ten que ser quen de empatizar coas persoas que precisan de apoios técnicos para poder desenvolverse. O ANFIV deulles esta oportunidade.

Leonarda ten unha tarefa

Leonarda ten unha mensaxe para o alumnado do Ceip Josefa Alonso. Prestade moita atención!!

 

Ordes do meco

O meco ordea para o martes 18...

 

Ordes do meco

Para o luns o meco ordea...

Distribuir contido