Secretaría

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Infórmase que o vindeiro 1 de marzo dará comezo o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2021-2022, permanecendo aberto ata o día 22 de marzo.

A documentación a presentar será a seguinte:

  • Folla de solicitude de admisión: ANEXO II ED550B (prema AQUÍ para descargala)
  • No caso de proxenitores separados ou divorciados, esta folla deberá ser asinada por ambos proxenitores (agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou estea en situación de violencia de xénero)
  • Fotocopia do libro de familia (acompañado do orixinal)
  • Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso (acompañado do orixinal)Lémbrase que a recepción de documentación realizarase exclusivamente en horario de secretaría.

LUNS, XOVES E VENRES: de 13h a 13:40.

MARTES E MÉRCORES: de 08:50 a 09:40

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

PUBLICACIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2021-2022

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

PRAZO: do 14/11/2020 ao 26/11/2020

DIRIXIDO A:alumnado de Educación Primaria do noso centro que:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar. (NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE XA QUE AS MÁSCARAS SERÁN DISTRIBUÍDAS DE XEITO AUTOMÁTICO ENTRE ESTE ALUMNADO)

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

Documentación complementaria .

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21.

2. A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento e o órgano responsable, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Comprobación de datos .

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

b) DNI ou NIE da persoa representante do/a solicitante.

c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio 2018, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

d) Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.

e) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.

En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2018.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .

Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente no centro docente. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

INFORMACIÓN FAMILIAS DE ALUMNOS E ALUMNAS ESCOLARIZADOS/DAS NO CEIP JOSEFA ALONSO PARA O CURSO 2020-2021 EN 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANIÑOS)

INFORMACIÓN FAMILIAS DE ALUMNOS E ALUMNAS ESCOLARIZADOS/DAS NO CEIP JOSEFA ALONSO PARA O CURSO 2020-2021 EN 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANIÑOS)

O vindeiro venres 3 de xullo ás 12.00 H a TITORA do grupo terá unha reunión informativa coas familias do alumnado no centro educativo.

A Titora confirmará a asistencia vía telefónica con NÚMERO OCULTO.

Pregamos que a asistencia a reunión cumpra as medidas sanitarias pertinentes:

1º Somentes poderá asistir a reunión unha persoa adulta.

2º O acceso ao recinto escolar será con mascarilla e salvagardando as distancias requeridas.

Agardámosvos para darvos a BENVIDA ao voso COLE.

Publicación listaxe definitiva Axudas Fondo libros, Libros de texto e material curso 2020-2021

 

 

A partir do venres 26 de xuño de 2020, poderedes consultar no taboleiro interior do noso centro a resolución definitiva das axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e do Fondo Solidario de Libros de Texto e material escolar para o resto do alumnado de Educación Primaria.

 

Ao longo da xornada do venres 26, porémonos en contacto con vós para concertar cita para a recollida de vales (Axudalibros e material escolar). Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa solicitante e da persoa que recolle os vales.

 

 

Publicación listaxe provisional Axudas Fondo libros, Libros de texto e material curso 2020-2021

Dende a data de hoxe 22 de xuño pódese consultar no taboleiro interior do centro (seguindo a lexislación vixente), situado no patio superior ao lado do comedor, a Listaxe Provisional de Axudas Fondo Libros, Libros de texto e Material curso 2020-2021. Pola lei de protección de datos non se dará ningunha información desta índole vía telefónica.

Pregamos, seguindo as instrucións sanitarias que se respecte o acceso restrinxido as demais disposicións e edificios do Centro Educativo. O horario será os días 22, 23 e 25 das 09:30 ás 13:30h.

Para facer reclamacións, se é o caso, o prazo será de dous días lectivos despois da publicación.

Resaltamos que o 24 de xuño é dia no lectivo. 

Saúdos cordiais

Equipo Directivo

Información Apertura plazo Axudas Municipais escolares curso 2020-2021

O prazo para solicitar as axudas escolares municipais  será do 25 de xuño ao 22 de xullo.

 

As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de:

www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260

 

As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño.

Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a súa solicitude  a través  dela.

As solicitudes  e anexos  acheganse a continuación:

 

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Dende hoxe, 18 de xuño de 2020, podedes consultar tanto no taboleiro do noso colexio como no arquivo adxunto a listaxe definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso 2020-2021.

 

Lémbrase que a formalización de matrícula comezará o día 1 de xullo. O colexio porase en contacto vía telefónica con todas familias para a reserva de cita para tramitar a matrícula.

A documentación que tedes que aportar é a seguinte:

- Folla de formalización de matrícula (podedes descargala no arquivo adxunto)

- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-Certificado/informe médico.

- 1 fotografía tamaño carnet.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

Adxuntamos o arquivo co listado de libros e material para todos os cursos de Educación Primaria para o curso 2020-2021.

Na etapa de Educación Infantil non se usará libros de texto.

A listaxe de material entregarase no mes de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-2021

Dende hoxe, 27 de maio de 2020, podedes consultar tanto no taboleiro do noso colexio como no arquivo adxunto a listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso 2020-2021.

Lembrade que a listaxe definitiva publicarase antes do 26 de xuño.

Distribuir contido