Dinamización e normalización da Lingua Galega

Semana Cultural 2019/2020

 

Reto superadísimo polo XENIAL alumnado do Josefa Alonso!!

E aquí tedes a proba!! Sodes uns/unhas ARTISTAS!

 

 

 

Máis lembranzas...

Xa que nos atopamos na recta final do curso queremos deixar constancia dalgunhas actividades que fixemos todos xuntos e xuntas...

 

... O CALENDARIO COOPERATIVO...

 

 ...E A NOSA ÁRBORE DE SUPERMULLERES...

Reto dos Maios "dixitais" 2020

Compositor@s do Josefa Alonso! Poñédevos mans a obra para crear entre tod@s as mellores coplas para estes Maios tan "especiais".

Seguide as instrucións!! 


 

Retos Semana Cultural 2020

ATENCIÓN, ATENCIÓN!! Búscanse alumnos e alumnas dispostos a participar nos Retos da Semana Cultural do 2020 para así convertir os seus balcóns e fiestras nos máis bonitos de todo Matamá!

CLICA EN "EMPEZAR"!!


 

AROMÁTICAS NA HORTIÑA DO JOSEFA

Revista escolar curso 18_19

Xa podedes gozar da nosa revista escolar en formato dixital!!!!

IV CONCURSO DE ORTOGRAFÍA

O venres celebrouse no colexio o IV Concurso de Ortografía Galega. É o resultado de moitas horas de preparación por parte de pequenos e maiores.

Este ano contamos coa inestimable participación do alumnado de 3º e 4º do C.E.I.P. Plurilingüe Sobreira-Valadares e das súas mestras e aquí deixámosvos unha pequena mostra do acontecido.

 

Kamishibai Antón Fraguas

Os nenos e nenas dos obradoiros dos patios da biblioteca elaboraron nun dos seus talleres un kamishibai sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas Antón Fraguas. Fixeron un fermoso e laborioso traballo. Mirade que chulo!!!

 

Maios 2019

O venres 10 de maio, festexamos como todos os anos, a celebración dos Maios.

Cantamos a copla do noso cole ao redor do noso Maio, que adornamos entre todas as nenas e nenos coa axuda das nosas mestras.

Nin a choiva nos parou!

E logo aproveitamos para bailar unhas cantas pezas de música tradicional, amenizados coa música do grupo "Sete cuncas". Moitas grazas por vir!

 

KARAOKE COPLA DOS MAIOS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos compartir convosco o Karaoke das Coplas dos Maios deste ano, feitas polo alumnado, para que vaiades ensaiando.

   

Distribuir contido