Documentos

PLAN DIXITAL

Durante o curso escolar 2021/2022 o profesorado do CEIP Josefa Alonso de Alonso levou a cabo a elaboración do Plan Dixital de Centro seguindo as directrices establecidas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Adxuntamos pdf do Plan Dixital.

 

Criterios de avaliación e promoción

 

 

 

 

 

 

 

Máscaras

SOLICITUDE DE MÁSCARAS GRATUÍTAS!!!! PREMEDE NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS QUE ESTÁN NA PARTE INFERIOR DA IMAXE QUE É ONDE QUE SE ESPECIFICA A INFORMACIÓN E REQUISITOS PARA SOLICITAR MÁSCARAS GRATUÍTAS PARA O ALUMANDO.

COMUNICADO ÁS FAMILIAS CURSO 2021-2022

Benvidos/as ao novo curso escolar 2021-2022.

Este é o resumo da organización xeral do funcionamento do CEIP Josefa Alonso.

Para ver toda a información premede no seguinte documento pdf adxunto.

DOCUMENTACIÓN COVID CEIP JOSEFA ALONSO

O Equipo Docente do Ceip Josefa Alonso a través desta páxina web difunde a documentación requerida pola Consellería de educación ante a situación Covid que estamos a vivir.

Esta documentación realizada no curso 2020-2021 está revisada e responde ás novas instruccións da Consellería para o curso 2021-2022. Nesta documentación establecense as actuacións a desenvolver no proceso de ensinanza-aprendizaxe no noso centro.

Toda a Comunidade Educativa ten o dereito e obriga de coñecer estas actuacións.

Así mesmo a difusión tamén se fará de xeito presencial, como así se recolle no Programa de Acollida do Ceip Josefa Alonso nas REUNIÓNS FAMILIAS GRUPOS ESTABLES de inicio de curso.

Se premedes en DOCUMENTACIÓN accederedes aos documentos Covid do noso centro e na seguinte presentación tedes un resumo dos aspectos máis significativos para o desenvolvemento deste inicio de curso.

Esta será a presentación dende a que abordaremos as reunións por grupos estables.

 DOCUMENTACIÓN

 

 

Adaptación-Priorización 3º trimestre Ceip Josefa Alonso ante o Estado de Alarma 2020

O Ceip Josefa informa a Comunidade Educativa da Adaptación-Priorización da Programación para o 3º trimestre no curso 2019-2020 na situación de Estado de Alarma.

 

CALENDARIO ELECTORAL PARA O CONSELLO ESCOLAR

Procédese á publicación do calendario electorar para a elección de membros do Consello Escolar.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS DIFERENTES CURSOS E MATERIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2018/19

O Equipo Docente do CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO procede á publicación dos criterios de avaliación para os diferentes cursos e materias de Educación Primaria, que poden ser consultados nos arquivos adxuntos a esta entrada. 

 

Instrucións para determinar a promoción do alumnado do CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO no curso académico de 2018-2019.

Instrucións para determinar a promoción do alumnado do CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO no curso académico de 2018-2019.

 

O Equipo Docente do CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO tal e como se recolle na ORDEN de 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece as seguintes pautas para determinar a promoción do seu alumnado:

 

1.            Ao final de cada un dos cursos, e como consecuencia do proceso de avaliación, o Equipo Docente do grupo, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión adoptarase de forma colexiada, tendo en conta os criterios de promoción establecidos no centro e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do titor/a e do Departamento de Orientación para coñecer aspectos de índole emocional.

 

Os criterios a ter en conta para o Equipo Docente do Ceip Josefa Alonso son:

 

O alumnado promocionará ao curso seguinte agás nos seguintes casos:

 

o        Con dúas materias instrumentais (lingua galega, lingua castelá e matemáticas) suspensas. Coa proba obxectiva de mínimos esixibles do curso correspondente suspensa. Devandita proba será administrada e avaliada por un docente que non lle dea clase ao alumno/a coa finalidade de ser o máis obxectivos posibles.

o        Con tres materias suspensas non instrumentais.

o        Cunha materia instrumental suspensa e dúas non instrumentais. Coa proba obxectiva de mínimos esixibles do curso correspondente suspensa. Devandita proba será administrada e avaliada por un docente que non lle dea clase ao alumno/a coa finalidade de ser o máis obxectivos posibles.

2.            A decisión tomada polo Equipo Docente será informada aos titores legais do alumnado.

3.          O alumno terá acceso ao curso ou á etapa seguinte cada vez que se considere que logrou a progresión adecuada nos obxectivos fixados e que alcanzou o grao adecuado de adquisición das competencias correspondentes.

Os informes das avaliacións individualizadas do terceiro ano de educación primaria e do final da educación primaria teranse en conta, de ser o caso, de acordo coa súa natureza informativa e orientadora, de acordo co establecido no artigo 12.8 do Decreto 105/2014, de 4 de setembro, que establece o plan de estudos de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

4.             Cando un estudante non promocione, deberá permanecer un ano máis no mesmo curso. Esta medida pode ser adoptada só unha vez durante a etapa e debe ir acompañada dun plan específico de reforzo ou recuperación e apoio.

PROCEDEMENTO PARA AS RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS NOS CENTROS

Distribuir contido