Secretaría |
Normativa de referencia: Resolución de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-2025. O prazo de presentación é dende o 30 de abril de 2024 ao 13 setembro de 2025. Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades. "Esta convocatoria inclúe un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros, que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas". Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria. Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet na seguinte ligazón:
Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-yayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html Despois de cubrir e pechar a solicitude online teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude. Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: certificado do número da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do Sergas, certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa. Poden comprobar a documentación requerida na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html |
|||
Xa están publicadas as listaxes provisionais de beneficiarios de fondolibros que podedes consultar na aplicación "fondolibros" no apartado "Cidadán" e no taboleiro interior do centro. O periodo de reclamacións serán os días 1 e 2 de xullo. O día 3 sairán as listaxes definitivas e podedes vir a recoller os vales do 3 ao 5 de xullo en horario de mañá. Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa que recolle os vales. A entrega de libros de texto do fondo solidario realizarase a principio de curso. |
|||
Hoxe día 20 comeza o prazo para a formalización de matrículas para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria para o curso 2024/2025. A documentación solicitada é a seguinte: - 2 fotografías tamaño carnet. - Fotocopia libro de familia. - Fotocopia tarxeta samitaria e libro de vacinas. - Fotocopia DNI proxenitores e alumn@s. - Impreso que se vos facilitará na secretaría do centro. Tedes ata o día 30 para entregar a documentación en horario de mañá. |
|||
|
|||
Segundo o disposto no calendario de admisión de novo alumnado para o curso 2024/2025, xa está á vosa disposición a listaxe definitiva do novo alumnado admitido no taboleiro interior do centro, cumprindo a normativa de protección de datos. Todo o alumnado que presentou solicitude adxudicóuselle praza na listaxe definitiva. As persoas que fixeran a solicitude vía electrónica, poden ver a resolución a través da mesma. O período establecido por normativa para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño. |
|||
Tal e como se anunciou no calendario de admisión o día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025, permanecendo aberto ata o día 20 de marzo. A documentación a presentar será a seguinte: - Anexo II: folla de solicitude de admisión (ED550B). - Fotocopia do libro de familia. - De ser o caso sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro ou en Sede electrónica a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ O horario de secretaría é luns, mércores e venres de 8:50 a 9:40 e martes e xoves de 13:00 a 13:45.
|
|||
|
|||
|
|||
Este curso Abalar trae como novidade a posibilidade de descargar o certificado de matrícula dos vosos fillos cando o precisedes, xa que agora vén asinado dixitalmente, polo que non precisa de sinatura nin selo. Este certificado é o que vos solicitan para as bolsas do Concello, a tarxeta de Vitrasa, estranxeiría e demais. Este trámite só se poderá facer a través do ordenador, non dende a aplicación do móbil, e é preciso contar con Chave365 ou certificado dixital. Os pasos a seguir son: - Entrade no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/abalar - Identificádevos coa Chave365 ou co certificado dixital - Unha vez dentro pulsade "Ver alumno". - A continuación buscade a opción "Descaragar documentos". - Onde aparece "Certificado de matrícula" pulsade enriba de PDF. - Arriba de todo, buscade a icona "Buzón de informes" (ás veces hai que volver a identificarse) e alí atoparedes o documento para descargar. A continuación podedes ver un pequeno titorial para facer a descarga do certificado. Por suposto, sempre podedes acudir á secretaría do cole para calquera dúbida ou se non sodes quen de descargalo.
|
|||
Publicado no taboleiro interior do centro a resolución definitiva das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e do Fondo Solidario de libros de texto e material para o resto do alumnado de Educación Primaria. O xoves 29 e o venres 30 de xuño serán os días de entrega de vales en horario de mañá. Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa que recolle os vales. |
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »