Información Xeral

DOCUMENTACIÓN COVID CEIP JOSEFA ALONSO APROBADA NO CLAUSTRO E CONSELLO 29-9-20

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO COVID 14 DE XANEIRO DO 2022

 

Debido á situación extraordinaria que estamos a vivir e as dificultades do ámbito sanitario, para dar resposta, apelamos á responsabilidade individual para o ben colectivo.

 

O centro educativo está a seguir o protocolo tendo en conta as circunstancias epidemiolóxicas de cada aula partindo da información confidencial que manexa a dirección do centro e os permanentes cambios de instrucións da Consellería.

 

A pesares de ser conscientes das dificultades de conciliación para as familias, o noso obxectivo principal é tomar decisións seguras individuais para o beneficio grupal, decisións que son complexas en moitos dos casos.

 

Salientar que para aquelas familias que pola súa casuística especial precisen poñerse en contacto co centro educativo para dar resposta ás súas inquedanzas, poden enviar un email ao correo do centro: ceip.josefa.alonso@edu.xunta.gal; xa que as mestras temos o compromiso de seguir ofertando un ensino de calidade ás nosas nenas e nenos nas aulas.

 

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

(versión 6. Data: 14-01-2022)

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Comunícase o procedemento para desenvolver as eleccións do Consello Escolar no curso 2021-2022.

 

Prégase a implicación das familias neste proceso xa que a vosa presenza no Consello Escolar é moi necesaria.

 

Para ver a información facede click no documento adxunto.

REUNIÓN FAMILIAS INICIO CURSO 2021-2022

A Vindeira semana teremos unha reunión inicial para informar sobre os aspectos de organización xeral deste curso 2021-2022 e para dar acollida as novas familias.

A programación destas reunións será a seguinte:

  • Luns 6 de setembro ás 11:00h. Familias de 4º EI, 5º EI e 6º EI.
  • Martes 7 de setembro ás 11:00h. Familias de 1º EP, 2º EP e 3º EP.
  • Mércores 8 de setembro ás 11:00h. Familias de 4º EP,5º EP e 6º EP .

A reunión terá dúas partes:

  • Reunión xeral co Equipo Directivo, Equipo Docente e ANPA. (No porche do ximnasio)
  • Reunión ca Titora do grupo correspondente. (Nas aulas)

IMPORTANTE

O Acceso será pola porta principal.

Somentes asistira un representante por familia.

Respectaránse as medidas Covid do Plan de Adaptación do Centro que se especifican nesta web (Uso de máscara, distancia de seguridade...)

Unha vez rematada a reunión sairase do centro educativo.

 

ARCO

O CEIP Josefa Alonso foi seleccionado para levar a cabo a iniciativa ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación) co obxectivo de apoiar ao alumnado para a mellora do seu rendemento académico e éxito escolar.

ARCO

DÍA NON LECTIVO martes 13 de outubro

Dende o CEIP Josefa Alonso comunicamos á comunidade educativa que as clases se reanudarán o mércores 14 de outubro, xa que o martes 13 é día non lectivo concedido pola Xefatura Territorial ao noso centro.

DOCUMENTACIÓN COVID CEIP JOSEFA ALONSO APROBADA NO CLAUSTRO E CONSELLO 29-9-20

INCORPORACIÓN ESCALONADA CLASES PRESENCIAIS CURSO 2020-2021

 

O inicio das clases presenciais deste curso sera escalonada seguindo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21:

Día 10 de setembro, xoves: Alumnado de 4º e 5º de E. Infantil e 1º, 2º e 3º de EP.

Día 11 de setembro, venres: Alumnado de 6º de E. Infantil e 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

 

PEGADA

Esta é a pegada que deixaron no centro os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria.

Grazas polo voso traballo e polo paso por este cole e grazas as mestras que vos inculcaron valores de solidariedade, tolerancia e diversidade.

Moi boa sorte a todos! 

 

 

INFORMACIÓN XERAL

 LIÑA METODOLÓXICA

Este centro opta por unha liña metodolóxica innovadora, introducindo paulatinamente dinámicas  favorecedoras da formación competencial do noso alumnado a través de 5 eixos fundamentais:

O movemento como ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral do noso alumnado. Coas sesións diarias de psicomotricidade ao inicio de cada xornada escolar procúrase a estimulación das conexións neuronais, o coñecemento de sí mesmo e da contorna e as relacións cos demais.

Contextos de aprendizaxe. O noso centro propón unha dinámica de aula baseada en contextos (comunicativo-lingüístico, lóxico-matemático e científico-social) que favorezan a posta en práctica dos contidos conceptuais a través de tarefas experienciais e reais con trascendencia social para o noso alumnado, empregando dinámicas e estruturas propias daaprendizaxe cooperativa.

Formación continua do Equipo Docente a través de Programas de Formación Para o Profesorado, Seminarios, ponencias, cursos e obradoiros co obxectivo de mellorar a práctica docente.

Convivencia Escolar Positiva. O noso centro valora as aportacións de todos os membros da comunidade educativa, por este motivo traballamos xuntos/as a través das comisións de Asesoramento ao alumnadoAsesoramento ao Profesorado, Encontros periódicos entre Familia-Escola e a nosa Escola de Familias "Lameira".

 

RECURSOS

O principal recurso para a obtención de experiencias que favorezan unha aprendizaxe activa e significativa é a actividade conxunta de toda a Comunidade Educativa.

Por outra banda consideramos que o maior recurso do que dispoñemos é o noso EQUIPO DOCENTE, que ten presente cada día a mellora da súa práctica e que traballa de xeito coordinado aprendendo continuamente do seu grupo de iguais, de xeito similar ao seu alumnado.

Ademáis dispoñemos dos recursos propios dun centro destas características: biblioteca, aula de idiomas, aula de música, recursos tics en todas as aulas, ximnasio..., destacando a nosa aula de cociña e a horta escolar (dentro do programa hortas escolares do noso Concello) que son referencia no traballo cooperativo e competencial do alumnado.

 

DATAS SIGNIFICATIVAS

Preservar a cultura galega e as nosas tradicións ten un lugar prioritario no desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe  do colexio Josefa Alonso de Alonso. É por isto que todo o noso alumnado participa, da man dos seus docentes, de forma activa na celebración de festas, conmemoracións e outras datas de interese cultural relacionadas coa comunidade galega: Samaín, Magosto cos nosos Maiores, Día de Rosalía, Letras Galegas, Maios, Cortalumes, Semana Cultural, Concursos de Ortografía Intercentros.... O equipo de dinamización da lingua promove un amplo abano de actividades encamiñadas nesta dirección, na que cada vez participan máis activamente as familias. O principal Obxectivo destas datas é concienciar a toda a Comunidade Educativa da necesidade de traballar xuntos para respectar a contorna, as súas costumes e a súa riqueza.

 

ORIENTACIÓN EDUCATIVA E INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

         O departamento de orientación está constituído pola orientadora e as mestras especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe que traballan de forma conxunta co resto de docentes e nunha doble vertente: atender ás necesidades específicas das nenas e nenos que precisan apoio e orientar ás familias en aspectos relacionados coa educación dos seus fillos e fillas.

  

Para este obxectivo o noso DO traballa dun xeito interprofesional cos Equipo Específicos, Gabinetes e Profesionais do ámbito clínico.

 

Os informes que recollen a evolución académica de alumnas e alumnos entréganse persoalmente nunha data concreta sinalada para ese fin ao remate de cada trimestre o que favorece a relación entre familias e escola.

Na etapa de Educación Infantil a mestra especialista en AL (audición e linguaxe) imparte obradoiros para a estimulación da linguaxe oral.

 

SECCIÓN BILINGÜE

En primeiro e segundo curso de Educación Primaria impártese a Educación Plástica en lingua inglesa.

Distribuir contido