LISTAXE DEFINITIVA AXUDALIBROS, MATERIAL E FONDOLIBROS

Publicada no taboleiro interior do noso centro a resolución definitiva das axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e do Fondo Solidario de Libros de Texto e material escolar para o resto do alumnado de Educación Primaria.

 O día martes 6 de xullo será o día no que se entregarán os vales (Axudalibros e material escolar) en horario de 9h-13:30 horas.

 Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa solicitante e da persoa que recolle os vales.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Para ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022, descarga o arquivo adxunto.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2021-2022

 

A formalización de matrícula comezará o día 21 de xuño e rematará o día 30. O colexio porase en contacto vía telefónica con todas familias para a reserva de cita para tramitar a matrícula.

 

documentación que tedes que aportar é a seguinte:

 

- Folla de formalización de matrícula (podedes descargala no arquivo adxunto)

 

- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

-Certificado/informe médico.

 

- 1 fotografía tamaño carnet.

 

LISTAXE PROVISIONAL AXUDALIBROS, MATERIAL E FONDOLIBROS

Publicado no taboleiro interior do centro a listaxe PROVISIONAL de Axudalibros,  material escolar e Fondolibros.           

En dous días publicarase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados a cada una das asignaturas.

Unha  vez publicada a listaxe definitiva, porase un día para a recollida de vales  de material (toda Primaria) e Axudalibros (1º e 2º EP)

 

 

SAÍDA FIN DE CURSO. MARUXENTO

 O luns 14 xuntámonos para despedir o curso no monte Maruxento. Tivemos a sorte de contar coa presenza de Sete Cuncas e de César "Cé Orquestra Pantasma". Aquí tedes a mostra do ben que o pasamos!!!

 

 

 

Xela a diario

Dende a Radio de Redondela, queren compartir con nós o programa Xela a diario no que participou alumnado de infantil e primaria coas gravacións de versos de Xela Arias.

Podedes escoitar o programa aquí:

 

Obradoiro "Fai xirar o sol"

Nos obradoiros de patio, tivemos, da man do mestre Javier, un obradoiro chamado "Fai xirar o sol". Deste xeito introducíronse aspectos científicos a través dos libros cos que contamos na biblioteca. Gustoulles moitísimo e quedoulles moi pero que moi ben.

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES LIBROS,MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR - CURSO 2021-2022

Libros e material escolar (Educación Infantil)
Comedor (Educación Infantil e Primaria)

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación das solicitudes será do 10 DE XUÑO ó 07 DE XULLO, ambos incluídos.

 As solicitudes presentaranse a través da Carpeta Cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa, que se poderá solicitar a partir do luns 07 de xuño, a través de:

 Teléfonos: 010 ou 986 810 260

Páxina web: www.vigo.org

Máis información: Sede electrónica ( convocatorias e subvencións)

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=gal

Tedes máis información nos arquivos adxuntos.  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2021-2022

 Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. (Orde 6 de maio do 2021. Publicado o 20 de maio) 

  • Fondo solidario de libros:  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

  • Axudas para adquirir libros de texto:Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

  • Axudas para adquirir material escolar:Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria

 

Modelo de solicitude Anexo I e II disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/. Dende o centro entregarase unha solicitude a cada unha das familias de Primaria.

 

Prazo de presentación

Do 21 de maio ao día 22 de xuño (este incluído)

 

Forma e lugar de presentación

Unha vez cuberta a solicitude (unha por familia), poderase presentar do seguinte xeito:

  • Presentación no centro. Luns, xoves e venres de 13h-13:40H; martes e mércores de 08:50 a 09:35.

  • Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia (necesario dni dixital ou chave 365)

No arquivo adxunto atoparedes máis información

Semana Cultural

Este curso a nosa SEMANA CULTURAL estivo chea de sorpresas e bos momentos que tiñamos moitas ganas de compartir todos xuntos. Tivemos a sorte de recibir a visita de grandes autores como Alicia Borrás e Antonio García Teijeiro. Ademais, aproveitando que este ano a homenaxeada no día das Letras Galegas foi Xela Arias, puidemos contar coa presenza do escritor e profesor Anxo Xoán Rajó Pazó, que nos achegou máis á vida e obra da autora. Para rematar, grazas ao noso veciño Ventura, puidemos facer unha pequena saída ao muíño da Regueira e coñecer de primeira man o seu funcionamento.

Distribuir contido