Infórmase que o vindeiro 1 de marzo dará comezo o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2021-2022, permanecendo aberto ata o día 22 de marzo.
A documentación a presentar será a seguinte:
- Folla de solicitude de admisión: ANEXO II ED550B (prema AQUÍ para descargala)
- No caso de proxenitores separados ou divorciados, esta folla deberá ser asinada por ambos proxenitores (agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou estea en situación de violencia de xénero)
- Fotocopia do libro de familia (acompañado do orixinal)
- Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso (acompañado do orixinal)Lémbrase que a recepción de documentación realizarase exclusivamente en horario de secretaría.
LUNS, XOVES E VENRES: de 13h a 13:40.
MARTES E MÉRCORES: de 08:50 a 09:40
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/