Club de lectura: "Me llamo Charles Chaplin"

Xa tivemos a primeira reunión do club de lectura. Nesta ocasión traballamos o libro "Me llamo Charles Chaplin", que podedes coller na nosa biblioteca. Foi todo un éxito!!!! Xurdiron unha chea de dúbidas e sorpresas, por exemplo: que significa nazi, acomodaticio, chusma, titubeo, máquina tomavista, cuchitril, woodhouse e telegrafista. Resolvímolas entre todos e todas. Algunhas frases coas que nos quedamos son:

"La historia de la cinematografía es maravillosa y fascinante".

"Nada que valga la pena es sencillo de lograr porque hay que insistir y perseverar cuando se quiere conseguir algo y ser alguien".

"... conseguí poco a poco crear un personaje diferente, con ropas características, un estilo particular y un alma propia".  Isto pareceulles unha idea formidable xa que ser igual que todo o mundo non acaba de facer que destaques.

"Dormía a la intemperie porque no tenía un techo bajo el cual cobijarse, pero trataba de tapar con el pañuelo un arendija de la cerca de madera para que no entrara el frío del amanecer".

Foi unha biografía sorprendente. O que máis lles chamou a atención é que de non ter nada pasou a ser unha persoa moi exitosa a base de esforzarse e traballar moitísimo.

ANIMÁDEVOS A LEVAR O LIBRO EMPRESTADO!!!!

Despois das reunións fixemos unha sesión de cine mudo que vos deixamos no blog da biblio!!!