Skip to Content

CHARLA DA CRUZ VERMELLA " RACISMO E XENOFOBIA" -3º EP

O pasado luns, visitounos a Cruz Vermella para explicarnos cousas relativas ao racismo e a xenofobia ao curso de 3º EP. Ademáis coñecemos outros conceptos moi relacionados, como que son os dereitos humanos, cal é a súa orixe, ou os tipos de violencia que existen. Foi moi interesante e aprendimos moito. 

Moitas grazas Cruz Vermella!!!

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Se queredes coñecer o noso cole aquí vos deixamos este vídeo para ver as instalacións e dependencias do cole. E se aínda tes dúbidas, podes chamar ao colexio ( TLF. 886 120 243) e estaremos encantados de axudarte.

 

EXCURSIÓN Á CORUÑA: 5º E 6º DE PRIMARIA - 28 DE XANEIRO

O 28 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Primaria fomos Á Coruña. 

Visitamos o museo Domus onde ademais tamén fixemos a disección dun corazón.

Antes de ir xantar ao parque  de Santa Margarida, fomos ao Acuario onde tivemos unha visita guiada.

Pola tarde estivemos no Museo das Ciencias onde tamén disfrutamos dunha sesión no planetario.

VISITA GUIADA CON VÍDEOS TITORIAIS

3 Feb 2022 10:54
Europe/Paris

Benvidos ao percorrido da nosa escola despois do confinamento 2020-2021. Neste curso seguimos a ter as mesmas instrucións por mor da COVID, pero temos algunhas novidades que imos poñer en breve na páxina cun percorrido virtual.

Mestres tanto podedes ver o vídeo explicativo feito para ese ano escolar despois do confinamento e tamén o noso colexio a vista de paxaro que fixeramos para o día da paz hai uns anos.

Preme no corazón para ver o vídeo titorial das clases: 

Preme no ♣ para ver o colexio a vista de paxaro: 

AS NOSAS DEPORTISTAS DA CONTORNA DE VIGO

3 Feb 2022 10:12
Europe/Paris

Ola a todos/as! Aquí podedes ver un pequeno resumo sobre o proxecto deste ano no que homenaxeamos as nosas deportistas en Vigo e as agasallamos e lembramos cunha placa conmemorativa nas distintas zonas do patio da nosa escola.

Estas foron as dúas deportistas homenaxeadas no primeiro trimestre. E aínda nos quedan máis! Premede no corazón para ver o vídeo.

DÍA DA PAZ 2022

3 Feb 2022 10:06
Europe/Paris

Ola a todos e todas e benvidos á celebración do día da paz.

Premede no corazón para poder ver o vídeo que fixemos para esta data sinalada.

CHARLA MEDIO AMBIENTAL: "O MONTE É VIDA"

 

       

 

Hoxe, día 10 de decembro de 2021, veu ao cole o axente ambiental, Ricardo do distrito 18 da Consellería de medio rural, e deleitounos cunha charla medio ambiental dirixida ao alumnado de 5º EP  e 6º EP.

Faloulles do persoal do distrito forestal, os axentes forestais e as súas funcións. Destacou a súa tarefa cos incendios, tanto en tema de prevención coma de vixilancia e extinción, é dicir, de todas as fases do incendio. Contoulles QUEN É OMONTE, o seu ecosistema e os tipos de bosques. 

Os nenos/as puideron rirse cunhas divertidas fotos que serviron  para conciencialos de que se observamos a Natureza, ás veces, faranos rir ( rochas en forma de seta, de monxe, de mono, de cocodrilo, de moucho...)

Visualizaron incendios que hai constantemente en Galicia (sobre todo no verán), e quedaron impactados.

Por último, Ricardo nos agasallou con dous libros editado pola Consellería do medio rural, para a biblioteca "O PASTOR DAS LANDRAS", que conta a historia dun pastor que tras unha guerra decidiu sementar o monte.

 

 

O MEDIO AMBIENTE É COUSA DE TODOS, TEMOS QUE SER CONSCIENTES!

DÍA DA DISCAPACIDADE- 3 DECEMBRO

 

Co gallo do Día da discapacidade aproveitamos  para traballar  deportistas vigueses, que proximamente van vir ao colexio para falarnos  sobre a diversidade no deporte.

Os tres deportistas nos que afondamos son os seguintes:

 

SUSANA RODRÍGUEZ GAZIO.  (Atleta – 34 anos)

 

        

        Ouro en triatlón nas pasadas olimpiadas de Tokyo e DOCTORA (noticia na panemia).

https://www.marca.com/paralimpicos/2021/09/04/61327f7022601d1c3f8b45df.html

(Noticia do ouro en Tokyo: Susana Rodríguez gañouol ouro cun holter baixo a pel  e viaxa sempre cun desfibrilador)

 

VÍDEO (2’): Coñece un pouco máis a Susana:  https://www.youtube.com/watch?v=eIa8E8Ofds0

 

JUDITH RODRÍGUEZ (Esgrima – 22 anos)

 

  Campeona de España de esgrima que sofre un accidente de coche, perde unha pierna, e agora adícase á esgrima adaptada)

VÍDEO (1’40”). Antena3 noticias:    https://www.youtube.com/watch?v=_nxH9Un8Bk4  

(Entrevista sobre os seus inicios na esgrima adaptada, Novembro 2020):

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2020/11/03/temia-disfrutar-igual-silla-volvi-sentirme-/0003_202011V3C6993.htm

 

https://www.marca.com/paralimpicos/2020/10/30/5f99e96a46163fb9298b45f1.html

 

MARTÍN DE LA PUENTE (tenis en cadeira de rodas – 23 anos)

 

 

Juegos Olímpicos de Rio de Janeiro 2016 y de Tokyo 2020

Vídeo 36”:  https://www.youtube.com/watch?v=I-_sX_zyDYU

 

VÍDEO 3’ y medio: https://www.youtube.com/watch?v=NDEh8Y44GK4

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

25 N: O CEIP JAVIER SENSAT CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Hoxe, todo o colexio Javier Sensat formamos parte dun acto moi entrañable e reivindicativo, tal e coma se merece a ocasión.Todos/as xuntos/as compartimos unha andaina (con vestimenta e luvas moradas postas nas mans), desde o colexio ata a praia de Alcabre, unidos nunha soa voz. Berramos sen parar lemas contra a violencia de xénero. Algúns deles eran:"Que todo o mundo nos vexa, non nos gusta as pelexas", " Non se pega, non se pega", " Enriba o amor, abaixo o maltrato" " O colexio Javier Sensat contra a violencia de xénero" "Todos somos iguais", "Non máis machismo", "Stop violencia, adiante agarimos"...

 

A continuación, os nenos e nenas de 6º EP leron un manifesto en prol do remate da violencia contra a muller e a preocupante realidade, deste problema no noso país.

 

Por último, tanto mestres/as como alumnos/as cantamos a canción "Todos me miran" de Gloria Trevi.

 

Cremos que a actividade de hoxe foi unha lección de vida que non esquecerán xamais.

 

Aquí deixamos unha mostra de pancartas que fixeron os nenos/as. Había centos delas...

 
 
 
 
 
 
 

MAGOSTO 2021

Polo San Martiño... celebramos coma sempre o noso Magosto! Pasamos unha mañá de convivencia no patio tomando as ricas castañas que seguimos facendo con todo o agarimo para o noso alumnado. Todos os cursos participaron na actividade de mandalas, que hai que dicir que cada ano fanse máis fermosas... Non hai material mellor para facelas  que o que nos ofrece a Natureza!

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut