Skip to Content

Infantil

LETRAS GALEGAS 2024

O Javier Sensat amplia a súa plantilla

Como nos imos ausentar un par de días, o equipo do CEIP Plurlingüe Javier Sensat decidiu contratar a estes novos traballadores para que lles boten un ollo a noso horto escolar e espanten visitas indeseadas que traten de comerse a nosa colleita antes de tempo. Sonche ben alegres e non se cansan de traballar nunca!

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe desfrutamos dun día de cole diferente co Festival das Letras Galegas 2024. Comezamos o evento cun breve repaso sobre a vida e traballo de Luisa Villalta, seguida de actuacións dos nenos e nenas do cole e rematando coa entrega de premios de contos. Unha gran mañá da que desfrutamos de bailes, cancións e obras de teatro todos xuntos como a gran familia Sensat que somos!

 

A BANDA SONORA NO SENSAT

HORTO SENSATIONAL

Coa recente chegada da primavera, o noso horto do Sensat xa está a pleno funcionamento. Esta semana, todo o alumnado do cole, xunto coa axuda da nosa fantástica Chus, enxertaron sementes de moitas plantas, tales como fresas, leitugas ou xirasoles. Desexando recoller os nosotros primeiros froitos!

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

Apadriñamento lector polo Día do Libro

Este martes, para celebrar o Día do Libro, fixemos o xa tradicional 'Apadriñamento Lector' entre maiores e pequenos. Celebrámolo no patio entre as 12:00 e as 12:30. Ademáis, intercambiámonos uns agasallos ben bonitos e feitos por nós! Foi unha mañá xenial! A continuación, podedes ver algúns 'robados' que nos fixeron mentres líamos.

A BANDA SONORA NO SENSAT

Distribuir contido


by Dr. Radut