Skip to Content

A BANDA SONORA NO SENSAT

HORTO SENSATIONAL

Coa recente chegada da primavera, o noso horto do Sensat xa está a plano funcionamento. Esta semana, todo o alumnado do cole, xunto coa axuda da nosa fantástica Chus, enxertaron sementes de moitas plantas, tales como fresas, leitugas ou xirasoles. Desexando recoller os nosotros primeiros froitos!

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

Apadriñamento lector polo Día do Libro

Este martes, para celebrar o Día do Libro, fixemos o xa tradicional 'Apadriñamento Lector' entre maiores e pequenos. Celebrámolo no patio entre as 12:00 e as 12:30. Ademáis, intercambiámonos uns agasallos ben bonitos e feitos por nós! Foi unha mañá xenial! A continuación, podedes ver algúns 'robados' que nos fixeron mentres líamos.

LEDICIA COSTAS

Onte contamos coa visita da escritora Ledicia Costas que nos visitou para falar dos seus libros, algúns dos cales leros os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo de Primaria. Ademáis, tamén nos confesou algúns truqiños para o noso certame literario sobre como podemos facer cando a inspiración non chega. Para rematar a actividade, asinounos no libro de visitas e os contos que xa leeramos. Moitas grazas pola visita! Esta e túa casa para cando queiras vir contar máis contos!

Padriños e madriñas polo Día do Libro 2024

Mañá, día 23 de abril, celebraremos o Día do Libro no cole. Os padriños e madriñas aproveitarán a Hora de Ler, para lerlles un conto aos seus afillados e afilladas. Además, haberá intercambio dun agasallo moi especial feito por eles mesmos. 

A BANDA SONORA NO SENSAT

Surfeando as olas

A pasada semana os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria puideron gozar dunha divertidísima mañá grazas aos compañeiros de Patos Surf. O tempo nos compañou con sol e moi boa temperatura para facer unha pequena iniciación ao Surf e xogos na praia. Máis de un descubriu o emocionante desta actividade e a paz que transmite o mar fora das típicas épocas de verán. Grazas por esta súper experiencia!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut