Skip to Content

HEALTHY FOOD ACTIVITY

O alumnado de sexto da primaria ven de traballar na materia de lingua estranxeira os hábitos saudables. Despois de lembrar e ampliar o vocabulario neste tema e investigar os seus efectos na nosa rutina diaria, remataron a unidade deseñando slogans a prol do coidado da saúde. Velaí tendes os resultados!

 

         

 

 

    

VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO DE 3º E 4º EP

O miércoles, 20 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de EP visitou o museo do mar. 

Fixeron un recorrido polo museo, sobre toda a historia da actividade pesqueira, en xeral: A pesca, o marisqueo e a acuicultura, os avances técnicos nas embarcacións e a bioloxía mariña. Tamén, visitaron o acuario do museo, onde observaron os principais ecosistemas da nosa Ría de Vigo. Puideron observar os tabeiróns, as centolas, peces manta ( e distinguilos dos peces raia) e outras especias características da nosa zona.

Rematou a visita cun "taller sobre submariñismo" . Deixámosvos unhas fotos sobre a evolución do traxe para mergullarse para pescar e un pequeno resumo do que foi a actividade.

Dende logo, foi unha actividade moi enriquecedora para todos eles/as! 

                                               ACUARIO                                           

 

CRÍAS DE PEIXES  

   

                                                          MANTA OU RAIA?

 

    1º SUBMARIÑO DE SANJURJO BADIA 

      

                   EVOLUCIÓN DO TRAXE SUBMARIÑO     

  

RECORRIDO POLO MUSEO, INCLUIDO CHACHALOTE

 

 

 

 

CHARLA DA AXENCIA TRIBUTARIA

Hoxe, 22 de abril o alumnado de 5º e 6º da primaria, recibiron a visita dun traballador da Axencia Tributaria que lles veu explicar as distintas funcións deste servizo, ademais dalgúns conceptos básicos.

“Que é e para que serve”,  así comezou a charla, que seguiría cas aduanas e os pagos dos impostos como o IVE, o cal a maioría dos nenos recoñece nas facturas habituais, como no ticket do supermercado. Despois de falarlles dos impostos que se abonan, para poder desfrutar dos servizos colectivos como a escola e a sanidade pública, rematou falando do fraude fiscal e do vandalismo nas cidades, o cal supón unha inversión a maiores de cartos. Este último, suscitou bastante interese nos rapaces.

Sen dúbida, foi unha charla moi didáctica nas que xurdiron moitos comentarios e interese entre o noso alumnado.

 

 

Homenaxe á piragüista Teresa Portela

Hoxe xoves día 8 de Abril homenaxeamos a piragüista MARÍA TERESA PORTELA RIVAS, unha deportista cunha extensa carreira chea de esforzo e logros. 

No colexio adicámoslle unha placa conmemorativa nun recuncho do noso patio.

O alumnado de primeiro foi o encargado de investigar a figura de Teresa Portela e elaborou un pequeno video explicativo que presentou aos diferentes cursos do cole. (Clicade na imaxe se queredes visualizalo)

 

E moitísimas grazas Teresa Portela polo video tan cariñoso cara o profesorado e alumnado do colexio. (Clicade na imaxe para visualizalo)

NOVOS HOMENAXES AS PIRAGÜISTAS TERESA PORTELA E ROSA BARROS

Onte, 7 de abril de 2022 o colexio quixo conmemorar ás piragüistas: ROSA Mª BARROS e TERESA PORTELA. Nun recuncho do noso patio colocamos unha placa conmemorativa polo seu esforzo e superación.

Gracias Rosa por transmitir ao noso alumnado  o entusiasmo e o esforzo polo deporte. 

Grazas Teresa por ese vídeo cariñoso cara o profesorado e alumnado do centro. 

Sodes un exemplo para todos nós!

 

ROSA BARROS

 

 

 

 

TERESA PORTELA

 

 

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN

O pasado martes 29 de marzo, a Cruz Vermella veu a darnos un coloquio sobre a alimentación saudable onde aprendemos a importancia dos bos alimentos sobre o noso organismo, además de hábitos saudables como a actividades física. Foi moi interesante!

 

           

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN

 O pasado martes 29 de marzo, a Cruz Vermella veu a darnos un coloquio sobre a alimentación saudable onde aprendemos a importancia dos bos alimentos sobre o noso organismo, además de hábitos saudables como a actividades física. Foi moi interesante!

          

Día internacional da muller - 8 de marzo

O pasado 8 de marzo comemoramos no centro O Día Internacional da Muller, unha data moi sinalada no noso calendario. Dende a materia de lingua estranxeira, fixemos diferentes tarefas que permitiron aos nosos alumnos ter conciencia do importante papel que representa a muller na sociedade ademais de identificar as inxustizas que a día de hoxe seguen existindo.

As rapazas e rapaces de sexto, profundizaron na temáticas mediante unha canción adicada ao Dia Internacional da Muller https://www.youtube.com/watch?v=QyT4cq4YlM8 . Por outo lado, o alumnado de quinto adicouse ao deseño de bombillas reivindicativas.

 

Para os cursos mais baixos propuxemos actividades partindo da palabra WOMAN, así como o xogo de “cadea de palabras” ca expresión One important woman in my life is… and you?

A verdade que temos un alumnado bastante concienciado sobre os dereitos das mulleres, e que continúe sendo así!


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día internacional da Paz- 30 de xaneiro

 

Alá polo 30 de xaneiro, comemorábamos O Día Internacional da Paz, sen imaxinarnos que semanas despois unha guerra sen sentido comezaba non moi lonxe daquí. Así que, nesta semana, voltamos recuperar os traballos feitos sobre a Paz, que foron poemas acrósticos deseñados polas alumnas e alumnos do curso de sexto da primaria. Amósámosvos, hoxe mais que nunca, os nosos desexos dun mundo mellor.NON A GUERRA

Excursión a Leitariegos 21-22

Entre os días 21 e 23 de febreiro 6º e 5º de E.P. estivemos gozando duns días na neve.

Desexando volver para seguir esquiando, compartindo e rindo.

Distribuir contido


by Dr. Radut