Skip to Content

GRADUACIÓN DE 6º DE INFANTIL

Os nosos maiores máis pequenos (ou pequenos máis maiores) graduáronse hoxe pola tarde nun acto moi emotivo. A súa titora, Belén, non quixo desaproveitar a oportunidade de deixarlles unhas palabras na web do cole adicadas a eles e as súas familias:

"Unha tarde chea de emocións!!.. Pasaron tres cursos coma un raio.. cheo de moitas experiencias, risas e aprendizaxes. Seguimos xuntos no voso crecemento, non o olvidedes!!

E as miñas queridas familias, só agradecervos todo o cariño que me adicastedes... A vosa complicidade e axuda fixeron que todo resultase sinxelo. Contade sempre comigo!!!"

 

 

DOBRE PREMIO NO FARO DA ESCOLA!

Hoxe o noso alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria asistiu a entregar de premios de Faro da Escola, onde fomos premiados co 3º Premio en Publireportaxes e o 2º Premio en Entrevistas. Axiña chegará un exemplar as vosas casas. Noraboa campións!

LIBRO DE TEXTO 2024/25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A BANDA SONORA NO SENSAT

ARTELLANDO UNHA GALERÍA DE ARTE!

A entrada do noso cole convertiuse esta semana nunha galería de Arte! O alumnado de cada curso fíxose experto nun artísta diferente para amosarlle aos demáis parte da súa vida e obra. O resultado foi chulísimo e moitos foron os que pasaron polos murias vendo, opinando e comparando aos diferentes artistas. 

Educación Infantil: Angélica Dass coa súa obra sobre as cores da pel.

1º Educación Primaria: Wassily Kandinsky; sinestésico e obsesionado cos círculos e a arte abstracta.

2º Educación Primaria: Romero Britto; coas súas cores vivas e a mistura entre o cubismo e os patróns.

3º Educación Primaria: Vincent van Gogh; cos seus trazos únicos e os icónicos xirasois. 

4º Educación Primaria: Henri Matisse; coas súas cores pasteis e a súa técina de debuxar con tesoiras. 

5º Educación Primaria: Keith Haring; co seu estilo urbano e a súa linguaxe visual.

6º Educación Primaria: Andy Warhol; o pai do Pop Art con esas cores tan vibrantes e o seu estilo inconfundible.

REUNIÓN CURSO 24/25

A BANDA SONORA NO SENSAT

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2º CICLO DE PRIMARIA

Esta semana o alumnado do 2º ciclo de Primaria vivíu un día inolvidable e cheo de diversión na excursión de Fin de Curso. O día comezou no Monte Alba, gozando das actividades de 'Humor Amarillo' onde o pasaron en grande, caeron e riron sen parar! Despois baixaron á praia de Alcabre a comer e desfrutar dun día de calor onde se puideron bañar, xogar coa area, pasar tempo cos seus compañeiros e comer un xeado. Que máis se pode pedir? 

INFO BECAS NEAE 2024/25

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut