Skip to Content

REUNIÓNS INICIAS

LIBROS DE TEXTO 23-24

CHARLA SOBRE DROGAS PARA PAIS/NAIS E MESTRES/AS

Hoxe, 31 de maio de 2022, desenvolveuse no salón de actos do colexio unha charla sobre "Que deben saber os pais/nais sobre as drogas" patrocinado polo Concello de Vigo dentro do seu PLAN LOCAL SOBRE DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS ADICIÓNS,  e incluído no programa MÁIS QUE UN TEITO. Non podemos esquecer, tamén, a colaboración de ÉRGUETE.

A psicóloga, Lucía Simón, tentou mellorar a calidade da información sobre drogas de que dispoñemos pais/nais e mestres/as, e sobre todo mellorar as actitudes preventivas, que está claro que é a clave do éxito. Debemos ensinar a decidir, educar a persoas que non necesitan sustancias para divertirse, evadirse e relaxarse, promover condutas saudables onde non lles compensa consumir e aprender a auto regularse e pór límites, facendo moito fincapé na resistencia á presión de grupo e acadar unha boa autoestima nos nosos/as fillos/as ou alumnos/as.

Agradecemos a presencia dos pais/nais que acudiron ao colexio para interesarse sobre o tema.

Déixamosvos unha mostra do que se tratou na charla. 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE PESCA SOSTIBLE DO CSIC

 O venres, 23 de maio, tivemos un obradoiro de pesca sostible, por parte dos científicos do CSIC; Gabriela, Jaime y Susi, onde aprendemos distintos animais da nosa ría ou cómo funcionan as correntes mariñas aquí. 

Encantounos!

 

 

 

 

 

 

 

VISITA AO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

O luns, 23 de maio, o alumnado de 6º EP do noso centro acudiu ao IES ÁLVARO CUNQUEIRO para visitar as instalacións e resolver as milleiras de dúbidas que teñen para o vindeiro curso. Alí nos recibiron o xefe de estudos, o orientador e unha profesora-titora xunto con antigos alumnos/as do noso colexio. Grazas a todos  por tentar axudar a calmar a incertidume dun novo curso, e sobre todo, dun novo centro!! Unha aperta especial para Rubén, Hugo, Candela, Carla, Javi, Anxo e Irene que o fixeron de 10...

 

Día das letras galegas 2022 - Lipdub homenaxe

Aquí temos unha homenaxe ao escritor galego Florencio Delgado Gurriarrán feita representando a súa vida ao son da música de Terra das Tanxugueiras. Todo o alumnado e profesorado participou na súa elaboración xunto coa escenificación dun poema seu. 
Esperamos que sexa do voso agrado.  Premede no link 

https://drive.google.com/file/d/1afUhLIewphDY24kwcC20UqOiB2fusvFp/view?usp=drivesdk

Premede no link para ver o making-off

https://drive.google.com/file/d/1WnVDIaFxEvxXEt_giCz12IRVabf-bQac/view?usp=drivesdk

 

 Fluência Delgado Gurriarán

CHARLA "QUE DEBEN SABER AS FAMILIAS SOBRE DROGAS E OUTRAS ADICIÓNS" (31 maio, no salón de actos)

O MARTES, 31 DE MAIO de 17:30 a 19:00 h., ofrecerémosvos a familias e profesorado, unha charla sobre "QUE DEBEN SABER AS FAMILIAS SOBRE DROGAS E OUTRAS ADICIÓNS"

Organiza: PLDA (Plan local de Drogas e outras Adicións) do Concello de Vigo.

Imparte: Lucía Simón, Psicóloga. Asociación Érguete de Prevención e Intervención en Condutas Adictivas.

Lugar: salón de actos do CEIP PLURILINGÜE JAVIER SENSAT

Destinatarios: familias e educadores.

 

Cada familia é diferente e a forma de relacionarse e interactuar cos seus/súas fillos/as tamén, non caben receitas nin xeneralizacións.

Faise necesario adaptarse ás circunstancias e características específicas de cada un dos nosos fillos e da nosa familia, os seus costumes e valores, o seu modelo educativo e as súas expectativas e obxectivos, o que obriga a responder a preguntas como as que se tratarán:

  • Son as drogas un novo reto para as familias?
  • Como apartamos aos nosos fillos/as das drogas?
  • Que fago se un dos meus fillos/as chega borracho a casa ou se descubro que fuma porros?
  • Que pode motivar ao meu/miña fillo/a a consumir drogas?
  • Que sei sobre drogas e que debería saber?
  • Que consecuencias pode ter o consumo?
  • Que adición preocúpame máis: drogas, tecnoloxía, pornografía, videoxogos?
  • Que ferramentas de prevención podo utilizar?

ANIMÁDEVOS A VIR!

OS DEREITOS DO LECTOR

E por que non saltarse as páxinas dun libro ou mesmo volve lo a ler? Estes son algúns dos dereitos que coñecemos esta semana con motivo da celebración do día do libro. 

O escritor francés Daniel Pennac e o ilustrador Quentin Blake crearon este decálogo do bo lector.

Os alumnos de sexto ensinaránvolos nesta presentación. Seguro que vos sorprenderán. Premede no corazón para ver o vídeo. 

Dereitos do lector

HEALTHY FOOD ACTIVITY

O alumnado de sexto da primaria ven de traballar na materia de lingua estranxeira os hábitos saudables. Despois de lembrar e ampliar o vocabulario neste tema e investigar os seus efectos na nosa rutina diaria, remataron a unidade deseñando slogans a prol do coidado da saúde. Velaí tendes os resultados!

 

         

 

 

    

VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO DE 3º E 4º EP

O miércoles, 20 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de EP visitou o museo do mar. 

Fixeron un recorrido polo museo, sobre toda a historia da actividade pesqueira, en xeral: A pesca, o marisqueo e a acuicultura, os avances técnicos nas embarcacións e a bioloxía mariña. Tamén, visitaron o acuario do museo, onde observaron os principais ecosistemas da nosa Ría de Vigo. Puideron observar os tabeiróns, as centolas, peces manta ( e distinguilos dos peces raia) e outras especias características da nosa zona.

Rematou a visita cun "taller sobre submariñismo" . Deixámosvos unhas fotos sobre a evolución do traxe para mergullarse para pescar e un pequeno resumo do que foi a actividade.

Dende logo, foi unha actividade moi enriquecedora para todos eles/as! 

                                               ACUARIO                                           

 

CRÍAS DE PEIXES  

   

                                                          MANTA OU RAIA?

 

    1º SUBMARIÑO DE SANJURJO BADIA 

      

                   EVOLUCIÓN DO TRAXE SUBMARIÑO     

  

RECORRIDO POLO MUSEO, INCLUIDO CHACHALOTE

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut