Carreira solidaria

IV CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

IV CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

A semana pasada organizamos unha xornada especial toda a comunidade educativa da nosa escola, onde despois de case 2 anos volvemos a divertirnos facendo deporte e concienciarnos do importante de ser solidarios cos demais.

Neste ocasión recadamos “LEITE E CACAO”, para o banco de alimentos da ONG “SOS BAIXO MIÑO”.

A continuación poderedes un resumo fotográfico das carreiras.

 

Nen@s de infantil

3⁰ curso

4⁰ curso co seu tutor

IV CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

O próximo venres 5 de novembro organizamos a IV edición da nosa Carreira Solidaria en colaboración coa ONG SOS BAIXO MIÑO. 

A partir das 11.45 e ata as 13 horas, no torreiro da festa de Guillarei, todo o alumnado participará nun total de 8 carreras de campo a través, percorrendo entre 150 metros os nen@s de infantil ata os 1.000 metros os de 6⁰ curso de primaria. 

LEITE E CACAO serán os alimentos a recoller.

Moitas grazas por axudar e colaborar. 

O noso cole sáe no Faro de Vigo

O pasado 4 de marzo, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", fixo unha reportaxe da nosa xornada especial adicada non só a práctica deportiva do campo a través, senon ao traballo da educación valores como a solidaridade, respeto, convivencia, ...

Lembremos que nesa xornada tivemos a sorte de recibir na nosa escola aos membros do equipo Kennel Den e coñecer o deporte do Mushing e as suas modalidades. Ademáis colaboraboramos unha  vez máis coa protectora de animais Aloia de Tui, os cales montaron un posto de venda de cousiñas que as familias, nen@s e mestr@s mercamos. Tamén aproveitamos a ocasión para facerlle a entrega de todos os alimentos recaudados durante os días previos para os cans da protectora.

Por último celebramos a IV edición da nosa carreira de campo a través solidaria, na cal participou toda a comunidade educativa.

Sen dúbida unha gran experiencia.

Magosto 2018

Magosto 2018

MARTES 13 de Novembro a partir das 10.30 no torreiro da festa de Guillarei.

Este ano terá o seguinte programa:

10:45 II Carreira Solidaria para axudar ao banco de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño (podedes traer LEITE e CACAO xa durante estes días ao colexio). A carreira ten espíritu participativo e solidario e tamén participarán mestr@s, alumnado e as familias que se animen a correr ou camiñar un pouco.

Animádevos e vir a participar fomentando así o deporte e a solidaridade

12:00 Obradoiros de xogos populares galegos.

13:00 Tempo de comer castañas.

 

Distribuir contido