Aloiada 2019

ALOIADA 2019

 

 

A mediados do pasado mes de xuño, un ano máis participamos na ALOIADA co resto de escolas do concello de Tui.

Este ano houbo varias novedades, xa que nos obradoiros que se organizan a carón do monte Galiñeiro, os nosos rapaces e rapazas atoparonse con 2 sorpresas. Unha delas foi a ximcana organizado polo grupo de scouts de Tui, que prepararon varios xogos e retos divertidos e a outra foi a de slack line organizada polo mestre Xosé Antón, sen dúbida todo un desafío de equilibrio.

Polo de máis destacar a convivencia entre os case 200 alumn@s dos 8 colexios tudenses durante estas 2 xornadas de xoves e venres, onde fixemos escalada alpina, rappel, primeiros auxilios, prácticas de cabuyería, orientación deportiva, acampada no monte Aloia, xogos de noite, senderismo polas sendas do Galiñeiro, monte Aloia, río Tripes e piragüísmo no río Miño.

Unha gozada despedir a étapa no ensino de primaria e coñecer nov@s amig@s.

Material preparado

No albergue do Aloia

Na base do Galiñeiro

Camiño as paredes do Galiñeiro para facer escalada.

Obradoiro de nudos