Skip to Content

Tel: 886 11 08 01 e 886 110 802 e-mail: ceip.guillarei@edu.xunta.gal

SAÍDA ESPECIAL (O TÚNEL DE DONA URRACA E INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO)

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

Grupos de 5⁰ e 6⁰ curso

Preparando as piraguas no río.

 

Momento final de baño.

Chegada a Tui e inicio da ruta de Dona Urraca.

Pistas a localizar e descubrir pola cidade vella.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Bo día!

Dende hoxe, 1 de marzo, ao luns 22 de marzo, poderán recollerse e entregarse cubertas na secretaría do centro as solicitudes de admisión de alumnado. Só para novo alumnado.

Calquera dúbida responderemos por teléfono ou correo electrónico.

Saúdos

PROCEDEMENTO A SEGUIR NO CASO DE SÍNTOMAS COVID

Achegamos unhas sinxelas instrucións a seguir polas familias no caso da aparición de síntomas compatibles coa COVID-19.

 

Preme na imaxe para acceder ao contido:

Programa de acollida Guillarei

Deixamos a vosa disposición o Programa de acollida do noso centro. (preme na imaxe)

Nos vindeiros días iremos colgando máis documentos de interese realcionados co Protocolo COVID.

#seguimosnela #ningúnviruspodeconnós #ánimo

 

CONVOCATORIA BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS

Becas y Ayudas para Alumnos con Necesidades Específicas de Apoyo ...

 

 

Convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidade específicas de apoio educativo no curso académico 2020/2021

▶️ Prazo de presentación de solicitudes do 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

▶️ Podedes consultar calquera dúbida no Cole a partir do 1 de setembro.

 

 

Para máis información premede AQUÍ

 

LIBROS DE TEXTO 2020/2021

LIBROS DE ADIVIÑAS DE ANIMAIS

Xa podedes acceder ao GRAN LIBRO DAS ADIVIÑAS DE ANIMAIS que elaboramos coa aportación do alumnado. 

Seredes capaces de adiviñar todos os animais?

Animámosvos a que o intentedes!!

 

(Preme na portada para acceder)

 

ADAPTACIÓNS CURRICULARES (COVID-19)

A continuación podedes acceder ás adaptacións curriculares que sufriron as diferentes programacións polo esta estado de alarma provocado pola COVID-19.

             

                   

                                        

TRANSICIÓN PRIMARIA SECUNDARIA

Os cambios sempre supoñen un momento de incerteza ante o descoñecido. Tod@s pasamos por ese momento e por iso queremos que o paso de Primara a Secundaria sexa o o mellor posible e despexar calquera dúbida que poidades ter.

Dende o Departamento de Orientación elaboramos un tríptico que seguro que vos axuda con algunha inquedanza. As que queden pendentes de resolver podedes formulárnolas telefónicamente ou a través do correo electrónico do colexio.

 

 

CONTINUAMOS (ORIENTACIÓN)

Boas de novo familias!!!!!
Moito ánimo que xa queda menos, xa faltou máis. Temos que continuar sendo responsables coma ata o de agora, que poidamos saír, non quere dicir que nos esquezamos tan rápido do que vivimos ás semanas anteriores.
Con calma e cautela!!!!
Envío as solucións das actividades que fixeramos do libro AMAR, sobre as palabras dozura e coidado, das cales vos envío as respostas.
Esta semana traballaremos sobre a estima, dedicación, escoita e a xenerosidade!!!!
Ánimo familias!!!!

 

 

 

FICHAS "AMAR"

 

Ola, familias!!!

 

Moita enerxía positiva para seguir camiñando!!!!!

 

 Para esta fin de semana propóñovos unha película en familia, que ao mellor xa os vosos  nenos e nenas xa  a viron e vos con eles pero nunca está demais volver a vela pero desta vez reparando en todo o que nos quere transmitir.

“Toy Story” (2015). É educativa porque nos acerca a un mundo de fantasía que nos atrapa, nos divirte e nos fai reflexionar sobre os grandes valores que propician as relacións sociais e o crecemento positivo, para o cal necesitamos valorar todo aquilo que temos, xa se trate de bens materiais ou inmateriais, como único camiño para valorarnos a nós mesmos. ÁNIMO, FAMILIAS!!

 

Envío tamén a dirección de correo do libro AMAR (https://www.palabrassaladas.com/amar) no que cada unha das súas páxinas é unha invitación a conversar sobre o amor. Este libro ilustrado describe, con sinxeleza e primor, os corenta trazos que dan beleza á palabra AMAR.

Sempre se dixo que o amor é como unha planta. Hai que regala e coidar,… cada folla que a embelece. E ese amor se converterá nunha árbore frondosa e chea de froitos.

Amar contribúe ao noso benestar emocional: axúdanos a construír boas relacións, poñéndonos en valor a nós mesmos e recoñecendo e apreciando o bo trato que recibimos dos demais.

Cando nos sentimos coidados, respectados, apoiados, invádenos a certeza de que poderemos facer realidade calquera sono. Porque sabernos amados nos dá ás. E esa sensación é a máis fermosa.

Por iso vos propoño un reto, familias!!!!

Intentámolo?????

Envíovos fichas para traballar as palabras dozura (dulzura) e coidado,que teñen relación coa palabra Amar

Ao final da vindeira semana enviareivos as solucións destas fichas.

Ánimo vos podedes!!!!!!

 

 

ROSA CONTRA EL VIRUS

Seguimos en corentena ou en confinamento.

Destinados a pasar na casa e en familia, todos xuntos, máis tempo do acostumado. Destinados a combinar responsabilidades escolares e familiares. Así que para esta semana propóñovos unha lectura moi especial “Rosa y el virus”.

A Editorial Sentir están altamente comprometidos coa infancia, a educación, a psicoloxía. Respondendo á demanda e necesidade social dun recurso literario para nenas e nenos, que estivera ao alcance das familias e profesionais, publicaron en formato dixital este conto sen custo algún para explicar qué son os virus e promover hábitos adecuados para combater eses microorganismos, como o Coronavirus (COVID -19). Así que moito ánimo familias e coidádevos moito.

Unha aperta moi grande

Mónica (Orientadora)

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTO

Rosa Contra el Virus. Cuento para explicar el Coronavirus y otros ...

O noso cole sáe no Faro de Vigo

O pasado 4 de marzo, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", fixo unha reportaxe da nosa xornada especial adicada non só a práctica deportiva do campo a través, senon ao traballo da educación valores como a solidaridade, respeto, convivencia, ...

Lembremos que nesa xornada tivemos a sorte de recibir na nosa escola aos membros do equipo Kennel Den e coñecer o deporte do Mushing e as suas modalidades. Ademáis colaboraboramos unha  vez máis coa protectora de animais Aloia de Tui, os cales montaron un posto de venda de cousiñas que as familias, nen@s e mestr@s mercamos. Tamén aproveitamos a ocasión para facerlle a entrega de todos os alimentos recaudados durante os días previos para os cans da protectora.

Por último celebramos a IV edición da nosa carreira de campo a través solidaria, na cal participou toda a comunidade educativa.

Sen dúbida unha gran experiencia.

IV DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE TEBRA (Tomiño)

O pasado mércores 11 de marzo participamos na 4.ª xornada de dinamización INTERCENTROS co CEIP de Tebra de Tomiño.

Nesta ocasión as clases de 3⁰ e 5⁰ de educación primaria foron os protagonistas. Coma sempre a mañá foi moi intensa xogando a bádminton,  balonmán, voleibol, baloncesto, xadrez e fútbol sala.

O máis importante foi a convivencia e as emocións nos distintos xogos.

Clases de 3⁰ curso de educación primaria. 

Bádminton 

Fútbol Sala 

Xadrez 

Baloncesto 

O Miniterio de Educación e FP e RTVE lanzan: "Aprendemos en casa"

O Ministerio de Educación e FP xunto coa RTVE lanzan "Aprendemos en casa", programa que se emitirá de luns a venres en CLAN TV(Primaria) e La2(Secundaria).

 

Aquí podedes consultar a parrilla de programación:


 

Para máis informaciñón preme aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut